24072019Mié
Última edición: Mar, 23 Jul 2019 10pm

O BNG pide precintar o local de apostas de Florida por "continuar" as obras no seu interior

A formación advirte de que a Policía Local visitou este mércores o baixo comercial e levantou acta do incumprimento, a instancias dos veciños da zona

19 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O salón de xogos, este martes. / Foto: VIGOÉ O salón de xogos, este martes. / Foto: VIGOÉ

O BNG de Vigo pediu este xoves que o Concello precinte o local da avenida da Florida no que se pretende abrir un salón de xogos porque, segundo denuncia o partido nacionalista a raíz de informacións da veciñanza, a empresa segue a desenvolver os traballos de reforma no seu interior malia ter denegada a licencia de obra por parte da Xerencia de Urbanismo.

“No entanto, esa decisión non supuxo a paralización dos traballos no baixo comercial, que continúan a desenvolverse a porta pechada, segundo denuncian veciños da contorna. Por este motivo, e atendendo a chamada dun particular, a policía municipal presentouse na mañá de hoxe levantando atestado”, indica o BNG a través dun comunicado.

Diante desta situación, o concelleiro Xabier P. Igrexas vén de dirixir un escrito á concelleira de Urbanismo, María José Caride, dando conta do que está a acontecer e instando ao Goberno local  a adoptar as medidas precisas para impedir que continúen uns traballos que non contan coa preceptiva licenza municipal.

“Unha vez a Xerencia resolveu non conceder a licenza de obras, o lóxico será que desde o Concello se adopten as medidas que sexan necesarias para impedir que a reforma continúe, incluíndo o seu precinto”, explica Igrexas. “Saudamos a decisión adoptada por Urbanismo pero esta non pode ficar en papel mollado”, remacha.

O edil do BNG faise eco da “enorme preocupación” na veciñanza diante do que temen sexa unha “política de feitos consumados”, toda vez a empresa mantén a previsión de inaugurar esta nova casa de apostas para o próximo día 11 de xullo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído