20102019Dom
Última edición: Sáb, 19 Oct 2019 8pm

Marea de Vigo pide aclarar o estado e o trasplante das árbores da Gran Vía

Lembra que o proxecto orixinal contiña un informe dun perito agrónomo que falaba dun estado de enfermidade dos tilos e que recomendaba o seu talado

19 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Gran Vía de Vigo. / Foto: Marea de Vigo Gran Vía de Vigo. / Foto: Marea de Vigo

O grupo municipal da Marea de Vigo solicitou este mércores ao Concello que aclare o estado das árbores e arbustos da Gran Vía que pretende trasplantar a Castrelos para levar a cabo as obras de instalación das cintas mecánicas que xa comenzaron esta semana.

Marea de Vigo lembra nun comunicado emitido este mércores que o proxecto orixinal do programa Vigo Vertical incluía a tala de 128 árbores (45 camelios, 29 laranxos no boulevar e 13 tilos e 41 castaños de indias que están plantados nas aceiras da rúa) co argumento de estar enfermos ou con risco de desprendemento e que solo se recomendaba o transplante de camelios e laranxos.

"Polo tanto, vistas as declaracións do alcalde, debería aclarar se as árbores que se transplanten a Castrelos incluirán os tilos e os castaños das beirarúas, onde verdadeiramente radica a riqueza ambiental e de patrimonio natural da Gran Vía", sinala a Marea.

Segundo o grupo municipal, o informe mesmo falaba dunha afección nos camelios como é a do fungo ciborinia cameliae, que evita a floración e que se asociaba no informe ao efecto da contaminación xerada polo tráfico. "De ser así tería que aclararse o seu traslado", apunta.

Marea de Vigo segue a cuestionar a substitución da masa arbolada actual nas beirarúas, con máis de 50 anos de existencia por novas especies que tardarán anos en medrar como o ginkgo biloba e que non ofrecen a masa arborada compacta como a actual.

Do mesmo xeito, asegura que trasladará ao Parlamento Europeo, a través da Comisión de Peticións cando esté constituida e en funcionamento despois das recentes Eleccións Europeas, unha consulta para que a UE aclare "se unhas escaleiras mecánicas cun custe enerxético e polo tanto cunha pegada de carbono moi elevada e a tala de masa arborada existente entra dentro dos criterios obxectivos que marca o uso dos fondos EDUSI e a estratexia ambiental e de sostenibilidade que persigue o uso deste fondos comunitarios".

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído