25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 10am

O Concello asfaltará o túnel de Beiramar e Arquitecto Palacios nas noites de maio

Cada un dos traballos prolongarase durante unhas tres semanas entre as 22.30 e as 05.00 horas

25 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un atasco en Arquitecto Palacios. / Foto: Archivo Un atasco en Arquitecto Palacios. / Foto: Archivo

A Xunta de Goberno Local extraordinaria do Concello de Vigo aprobou este xoves a contratación dos proxectos de renovación de aglomerado na avenida Arquitecto Palacios e o túnel de Beiramar cun importe de licitación de aproximadamente 700.00 euros e 360.000 euros, respectivamente.

As labores de pavimentación comezarán o vindeiro mes de maio e durarán unhas tres semanas cada unha. Para que os traballos non entorpezan o tráfico rodado, os asfaltados vanse levar a cabo en horarios nocturnos, concretamente desde as 22.30 ata as 05.00 horas.

“Imos procurar as noites de menos tráfico para non interferir” na circulación de vehículos, anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Cabe lembrar que a avenida Arquitecto Palacios non se reasfaltará enteira, senón só o treito más próximo a Castrelos. Ademais, actualmente están a desenvolverse as obras de pavimentación na avenida de Castelao.

Rúa Cantabria
Ademais, a Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace ao expediente de contratación das obras do proxecto de beirarrúas na rúa Cantabria por un importe de 51.000 euros.

Por último, o Goberno local aprobou tamén o convenio de colaboración do Concello de Vigo e a Federación de Peña Recreativas de El Olivo para o fomento de actividades da entidade cun importe de 15.000 euros.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído