19112019Mar
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 7pm

Vigo obterá terreos para o carril bici a Samil mediante un troco urbanístico

O Concello prevé incluír o ámbito de Cruceiro, na avenida de Europa, na ordenación provisional para que os propietarios teñan que ceder as parcelas necesarias

23 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Terreos que o Concello prevé obter para os seus proxectos. / Foto: VIGOÉ Terreos que o Concello prevé obter para os seus proxectos. / Foto: VIGOÉ

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo tomará coñecemento este xoves da resolución de 22 de abril para incluír o ámbito de Cruceiro –no lado da avenida de Europa máis próximo a Alcabre- na ordenación provisional, recuperando a regulación urbanística anterior. Este trámite permitirá que os propietarios cedan os terreos necesarios para que o carril bici e o bulevar de Castelao continúen cara Samil.

Segundo indica o expediente, o Concello considera que existen razóns de interese xeral para solicitar esa incorporación porque concorren os supostos legais para pedilo e presta conformidade ao estudo presentado pola propiedade, documento que a administración presidida por Abel Caballero remite á Xunta de Galicia para que emita os seus informes.

O ámbito de Cruceiro prevé que a propiedade ceda ao Concello o mesmo ancho do bulevar de Coia, 30 metros desde a avenida, para darlle continuidade ao proxecto de carril bici e paseo ata Samil. Esta é a primeira razón de “interese xeral” recollida no expediente municipal que avala a solicitude. En dirección ás praias, a parcela ábrese á man dereita da avenida de Europa, desde a rotonda á altura da VG-20 ata o cruce co camiño Freixeiro e rúa San Paio.

O segundo argumento que esgrime o Concello para considerar o interese xeral é que o ámbito contempla actividade económica de uso terciario, que promove o emprego. O seu desenvolvemento suporía habilitar máis de 40.000 metros cadrados de solo para uso comercial.

O donos dalgunhas parcelas estaban mostrando a súa oposición ao proxecto pero o alcalde xa advertira hai semanas que a construción sairía adiante igualmente.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído