23102019Mié
Última edición: Mar, 22 Oct 2019 6pm

reconquista 2019

Os escolares de Vigo aprenden a Historia da cidade co gallo da Reconquista

O alumnado do CEIP Mosteiro Bembrive inaugurou o ciclo de visitas, que inclúe un percorrido polo Casco Vello

14 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Caballero recibiu aos alumnos do Mosteiro Bembrive na Praza do Rei. / Foto: Concello de Vigo Caballero recibiu aos alumnos do Mosteiro Bembrive na Praza do Rei. / Foto: Concello de Vigo

O alumnado do CEIP Mosteiro Bembrive converteuse este xoves no primeiro colexio participante no programa ‘Vigo no tempo’. Tras ser recibido polo alcalde da cidade, Abel Caballero, na Praza do Rei, o estudantado asistiu á visita guiada polo Casco Vello dirixida polo personaxe do soldado francés Pierre Delapierre, perdido polas rúas de Vigo dende a histórica data de 1809.

‘Vigo no tempo’ enmárcase dentro das actividades programadas para a Reconquista de Vigo 2019 e achegará a Historia da cidade a máis de 500 escolares de 5º e 6º de Educación Primaria de centros educativos, poñendo especial foco na xesta que supuxo a expulsión dos franceses.

Cada xornada, os rapaces comezarán na Praza do Rei para emprender unha visita guiada polo Casco Vello e o castelo de San Sebastián, visitando os escenarios da Reconquista de 1809. Os alumnos recibirán un mapa-unidade didáctica co que poderán imaxinar unha viaxe ao pasado.

Ademais, na zona antiga da cidade serán recibidos polo soldado francés Pierre Delapierre, un actor que interpreta a un garda imperial que quedou perdido polas rúas viguesas dende os tempos de Cachamuiña.

Tras percorrer o barrio e os seus lugares máis emblemáticos, na Casa Galega da Cultura verán un audiovisual sobre a Reconquista, unha exposición didáctica e terán unha charla participativa na que poderán expresar as súas dúbidas sobre a historia e a festa viguesa. Ao remate da actividade, os escolares recibirán un diploma acreditativo e farán unha foto de familia xunto a Delapierre.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído