26062019Mié
Última edición: Mié, 26 Jun 2019 2pm

INSTALACIÓNS MUNICIPAIS

Oito portas, ximnasio e pista de pádel para o parque de Bombeiros de Teis

Cun orzamento de 1,3 millóns o goberno local acometeu traballos de mellora nunha instalación que, segundo o alcalde, levaba sen obras desde a súa inauguración, en setembro de 1987. Estará funcionando a pleno rendemento no mes de febreiro

20 Enero 2015 por
Valora este artículo
(2 votos)
Abel Caballero, este martes durante a visita ás instalacións de Teis. / Foto: Concello de Vigo Abel Caballero, este martes durante a visita ás instalacións de Teis. / Foto: Concello de Vigo

O alcalde, Abel Caballero, visitou este martes as remodeladas instalacións do Parque de Bombeiros de Teis que estarán funcionando a pleno rendemento no mes de febreiro. Cun orzamento de 1,3 millóns de euros, a reforma mellora e mobilidade do parque xa que cada vehículo ten a súa propia saída, ademais de contar cun espazo de habitabilidade integrado para facilitar a comunicación.

A zona de habitacións, de oficiñas e do ximnasio foron totalmente remodeladas, e nestes momentos estase a acometer a demolición da fachada da cocheras para a construcción de múltiples saídas, ata oito, de xeito que case poidan saír varios vehículos de xeito simultáneo. En declaracións aos medios, Caballero eloxiou o resultado dos traballos e lembrou que desde a súa inauguración, en setembro de 1987, non se fixera obra de mellora algunha nesta dotación municipal polo que presentaba importantes deficiencias.

Este edificio, engadiu o rexedor, é o primeiro de toda Galicia en funcionar con enexía xeotérmica, ademais de contar con placas solares o que supón un "importante" aforro enerxético. Ao mesmo tempo, dixo, renovouse todo o mobiliario e o equipamento do ximnasio, algo que tamén se está a realizar no Parque de Bombeiros de Balaídos, dado que manterse en forma é fundamental para estes profesionais. Con ese obxectivo, engadiu que na terraza do edificio anexo haberá unha pista de pádel.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

turismo

vigo

visita

el tiempo

  • ¿Y cuándo llegará el verano a Vigo?
    ¿Y cuándo llegará el verano a Vigo? Vigo, al igual que la inmensa mayoría de Galicia, celebra quedarse fuera de la ola de calor que azotará a partir de este miércoles la Península Ibérica gracias a una barrera de aire frío atlántico que servirá de parapeto. Pero…
    Leer más...

comarcas

  • Últimas noticias

  • Más leído