19102019Sáb
Última edición: Sáb, 19 Oct 2019 2pm

Vigo continúa coa programación do Día Internacional da Muller

Un recital aberto de poesía, unha ruta feminina, música e contacontos son algúns dos actos previstos esta semana na cidade

13 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un instante da manifestación do pasado 8 de marzo en Vigo. / Foto: Sonia Daponte Un instante da manifestación do pasado 8 de marzo en Vigo. / Foto: Sonia Daponte

As conmemoracións do Día Internacional da Muller en Vigo non remataron o pasado 8 de marzo. Logo desa multitudinaria manifestación, a cidade olívica segue a ter en marcha diferentes actividades para seguir promovendo a igualdade de xénero. Nesta semana, os eventos programados comezaron este martes coa presentación e proxección do filme ‘Contraluz’, unha longametraxe documental de Teo Manuel Abad e continuarán ata o sábado.

Este mércores terá lugar un recital aberto de poesía de xénero, un acto que será conducido por Iolanda Zúñiga que pretende converterse nunha actividade coral, convidando aos asistentes a que se sumen coa achega dun poema da súa escolla para compartir con tódalas persoas alí presentes. O evento celebrarase na Casa Galega da Cultura ás 19:00 horas. A entrada é libre ata completar aforo.

O xoves a Praza 8 de marzo acollerá ás 17.15 horas un contacontos de Igualdade para nenos e nenas baixo o título ‘Elas tres’, que correrá a cargo de Paula Carballeira.

Mentres, o venres  15 de marzo, o grupo Habelas hainas ofrecerá unha actuación musical no museo Marco ás 20:30 horas, con entrada libre ata completar a capacidade do local.

Xa o sábado 16 de marzo (11.00 horas) será a quenda da visita guiada á ruta feminina ‘Sons de Mulleres’, que liderará María Casar. Farase un percorrido polas distintas rúas da cidade que teñen relación coas mulleres e o movemento feminista. O punto de encontro será o Paseo de Alfonso.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído