18012020Sáb
Última edición: Vie, 17 Ene 2020 9pm

8 de marzo

Que facer se es home e queres apoiar o 8-M

Todo o mundo está chamado ás concentracións e manifestacións previstas, pero a convocatoria de folga é só para as mulleres

06 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)

A moitos homes non lles queda claro cal é o seu papel no 8 de marzo. Principalmente, hai concentracións, manifestacións e folga. Todas as persoas, sen importar o xénero están chamadas a participar nas mobilizacións pero o paro é exclusivo das mulleres. E non se trata unicamente dunha folga laboral ou estudantil, que tamén. É unha xornada na que elas tampouco se farán cargo de coidados nin gastarán consumindo.

O obxectivo de todas estas accións é dimensionar o impacto que teñen as mulleres na sociedade é visibilizar que o mundo non pode progresar sen elas. Partindo destas premisas, os homes deberán acudir aos centros de traballo para colaborar coas mulleres para que vaian á folga e ás mobilizacións que se convoquen durante a xornada, deixando o protagonismo en exclusiva a elas.

O papel que se demanda dos homes no 8 de marzo pasa por:

  1. Realizar as tarefas de coidados (crianza, alimentación, doméstico, maiores) durante todo o día impedindo que estas fiquen pendentes e dupliquen o traballo das mulleres os días seguintes á folga. Non fai falla que os homes teñan lazos familiares para isto. Sempre hai unha amiga, compañeira de traballo ou veciña á que suplir.
  2. Difundir e apoiar as convocatorias de folga e mobilizacións.
  3. Non facer folga nin paros.
  4. Facilitar que as mulleres acudan á folga.
  5. Visibilizar a folga de mulleres nos postos de traballo.
  6. Aportar economicamente a un peto de resistencia no traballo para axudar ás compañeiras que vaian á folga.

En resumo, o rol masculino no 8-M baséase en dar todo o protagonismo nos espazos públicos e privados ás mulleres, acompañándoas na loita pola igualdade de xénero.

Artigo relacionado: ¿Cómo, cuándo, dónde y por qué son los actos del 8-M en Vigo?

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído