22092019Dom
Última edición: Dom, 22 Sep 2019 5pm

Marea de Vigo critica que Caballero anuncie proxectos con Vodafone mentres a compañía despide 32 persoas na cidade

A formación considera un “insulto” que un alcalde “que se define socialista” pida financiamento para a empresa sen reclamar a cambio garantías de que se manteñan os postos de traballo

18 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha protesta recente dos traballadores de Vodafone en Vigo. / Foto: CIG Unha protesta recente dos traballadores de Vodafone en Vigo. / Foto: CIG

O grupo municipal da Marea de Vigo cualificou de “absoluto cinismo” que o alcalde anuncie proxectos coa firma de comunicacións Vodafone –en referencia ao desenvolvemento da rede 5G- mentres a empresa leva a cabo un ERE extintivo a escala nacional que prevé o despido de 32 traballadores na cidade.

Para o concelleiro Xosé Lois Jácome, a actitude de Abel Caballero “é indecente e absolutamente incoherente” cando, sendo coñecedor do ERE, prioriza reunirse coa empresa que coa representación sindical para, posteriormente, anunciar un fito que “colocará a Vigo no punto de mira e atención de toda Europa” segundo as súas verbas. “O que si semella estar liderando Vigo son os múltiples conflitos laborais e EREs sen ningún tipo de reacción por parte dun Goberno local que se define como socialista”, matiza Jácome.

"Non chegando con isto, di o alcalde que vai pedir axudas ao Ministerio para estar dous anos e medio co proxecto. Isto é un insulto, que unha empresa que pretende deixar na rúa a 1.200 persoas do Estado reciba unha axuda económica que, en definitiva, ven dos mesmos petos do persoal que a empresa vai despedir”, explica o edil.

Por iso, a Marea de Vigo esixiu este luns ao Goberno local que “defenda os intereses da súa veciñanza, que tamén son os desas 32 familias, e poña condicionantes estritos ás empresas, condicionantes que pasan, como mínimo, polo mantemento e mellora do emprego”.

A formación comprometeu o seu apoio ao cadro de persoal de Vodafone en todas as reivindicacións que defenden así como na súa postura diante do ERE que se está negociando nestas semanas, que “só ven sumarse a unha lista de agravios e medidas precarizadoras por parte desta empresa que xa veñen desde hai máis de seis anos”.

Igualmente, convidou a Abel Caballero a que se sume á defensa do emprego de calidade en Vigo, tal e como están facendo outros alcaldes “poñendo por enriba os intereses dos traballadores”.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

navidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído