23072019Mar
Última edición: Mar, 23 Jul 2019 10pm

A Xunta deixa fóra do Plan de Navia a construción do instituto

Considera que a alegación do Concello "non encaixa nin é obxecto" da modificación do plan parcial coa que se pretende planificar solo residencial nesta zona

06 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Proyecto de ampliación de Navia. Proyecto de ampliación de Navia.

A construción dun instituto, unha das alegacións dos veciños para o Plan Parcial de Navia, non estará incluida despois de que a Xunta argumentase que "no encaixan nin é o obxecto da modificación do plan parcial coa que se pretende planificar solo residencial nesta zona, polo que non poden regularse a través deste instrumento".

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda informou este mércors de que vén de remitir ao Concello de Vigo o informe das alegacións recibidas á modificación do plan parcial de San Paio de Navia, xunto co resto da documentación correspondente. "Con este trámite avánzase no proceso que levará ao Concello á aprobación definitiva da modificación do plan parcial polo que se rexerá a ampliación do solo residencial de San Paio de Navia por parte da Xunta", sinala a Xunta nun comunicado.

A modificación do devandito plan foi aprobada inicialmente polo Concello de Vigo o 26 de xaneiro de 2018 e ten como obxectivo posibilitar a urbanización por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de 265.000 metros cadrados, o que permitirá a construción de case 1.600 vivendas protexidas.

No periodo de alegacións, tanto os veciños como o propio Concello de Vigo presentaron propostas para que a Xunta incluira tamén a construción do instituto, ademais de respetar as zonas verdes, non eliminar unha carballeira e ata case 2.000 alegacións.

 

"Cómpre precisar que algunhas das alegacións recibidas, entre elas a solicitude da construción dun colexio, non encaixan nin son o obxecto da modificación do plan parcial coa que se pretende planificar solo residencial nesta zona, polo que non poden regularse a través deste instrumento", sinala a Xunta este mércores nun comunicado.

Paralelamente á tramitación do plan parcial, a entidade dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda continuou traballando na adquisición do solo que será obxecto de urbanización. Concretamente, o IGVS destinou 10 millóns de euros á adquisición de 50.000 metros cadrados de terreos, co que se converteu en propietario de arredor de 130.000 metros cadrados, aproximadamente o 50 por cento do ámbito.

Por outra parte, unha vez aprobado inicialmente o plan parcial, realizouse unha oferta pública de permuta de solo por edificabilidade e unha vez aprobado definitivamente o plan e rematada a fase de permuta, procederase á expropiación dos terreos do primeiro polígono que non foran adquiridos en compravenda ou permuta.

Así mesmo, o pasado 26 de novembro licitouse o contrato para a redacción do proxecto de urbanización, que actualmente se atopa en proceso de adxudicación, por un importe de 263.780 euros.

Para a ampliación do solo residencial de San Paio de Navia, o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten reservada nos orzamentos de 2019 unha partida de 6 millóns de euros que permitirán culminar a adquisición de solo e avanzar na súa urbanización.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído