25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 7pm

ILLAS ATLÁNTICAS

"Unha viaxe no tempo", ruta guiada por Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada

Celebrarase o vindeiro 14 de febreiro ao arquipélago de Cíes, aínda que as persoas que desexen participar deberán inscribirse antes do 10 de febreiro. A actividade guiada polo parque é de balde para os participantes, que deberán asumir o custe do desprazamento ata o porto de saída e ata o arquipélago

17 Enero 2015 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Vista da illa de San Martiño, nas Cíes, dende o alto do Faro. / Foto: A.G. Vista da illa de San Martiño, nas Cíes, dende o alto do Faro. / Foto: A.G.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas organiza por segundo ano consecutivo o programa de rutas guiadas Descubrindo o Parque Nacional, que pon en marcha o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. En total organízanse cinco rutas e visitas guiadas gratuítas aos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas.

Con este programa de visitas preténdese animar aos cidadáns a coñecer os valores destes enclaves naturais fóra da tempada de verán, nunha época de menor afluencia, e na que se descobre os seus valores dende outro punto de vista. Estas visitas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido.

A primeira das actividades, que leva por título "Unha viaxe no tempo", está programada para o día 14 de febreiro e o destino é o arquipélago de Cíes. Trátase dunha ruta lineal de dous quilómetros, na que poderán participar un máximo de 40 persoas. A previsión é saír do porto de Vigo ás 10:30 horas, para chegar ás 18:00 horas ao mesmo punto. Non obstante, as persoas interesadas en participar deben inscribirse antes do 10 de febreiro.

As outras catro rutas son: o 22 de febreiro ao arquipélago de Sálvora, o 7 de marzo a Ons, e por último, á illa de Cortegada con dúas visitas, o martes 5 e o domingo 15 de marzo. 

Solicitudes
Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades deberán enviar una solicitude ao enderezo electrónico do parque (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou se pode presentar nas oficinas do parque nacional con todos os datos cumprimentados. Non se admitirán solicitudes incompletas. A descarga das mesmas pódese realizar na web do Parque Nacional (www.parquenacionalillasatlanticas.com) no apartado de actividades.

As prazas cubriranse por estrito orde de chegada e só poderán asistir participantes maiores de 12 anos. Aqueles que teñan idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos deberán ir acompañados dun adulto, e por cada adulto participante, admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo.

A actividade será gratuíta na illa, pero cada persoa participante debe asumir o desprazamento ata o porto de saída e o transporte ao arquipélago, que deberá ser abonada antes de comezar o servizo.

No caso de non poder asistir á actividade deberase avisar, como máximo de dous días antes da realización da ruta, co fin de poder chamar a outras persoas interesadas que se atopen na lista de espera.

Co ánimo de preservar os valores das illas e ofrecer unha atención o máis personalizada posible, estipúlase un número máximo de participantes. Tamén se advirte que a excursión pode adiarse ou quedar anulada se as condicións meteorolóxicas son adversas.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído