24012020Vie
Última edición: Jue, 23 Ene 2020 9pm

Marea de Vigo pide paralizar a licenza para o casino de A Laxe, que recibirá o permiso este xoves

O grupo municipal insta ao Concello a intervir na “proliferación” de casas de apostas na cidade

29 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)

O grupo municipal da Marea de Vigo pediu este martes que se paralice a concesión da licenza que a Xerencia de Urbanismo ten previsto conceder este xoves á sala de xogos que os donos do casino de A Toxa van abrir proximamente no centro comercial A Laxe.

A formación solicita un estudo previo da situación e os “riscos” que pode xerar a “proliferación” de casinos e casas de apostas na cidade, como a que vai abrir en Navia, barrio cun gran número de mozos, colectivo especialmente vulnerable no que respecta á normalización do xogo.

“No caso de A Laxe, o Goberno de Abel Caballero e Zona Franca semellan estar traballando en 'comandita' para abrir un casino con capacidade para máis de 500 persoas, á vez que se pretende abrir unha casa de apostas en Navia, o barrio coa poboación máis nova de Galicia”, apunta o concelleiro Xosé Lois Jácome.

Así, Marea de Vigo considera un “erro brutal” a apertura deste local na zona portuaria –inicialmente prevista para Semana Santa- e salienta a “gravidade” que supoñe que sexa impulsado pola Zona Franca. “Significa incidir nun perigoso crecemento da ludomanía, máxime agora, coa recente proliferación de campañas moi agresivas nos medios de comunicación, de casas de apostas deportivas online”, Jácome.

O grupo municipal sostén que o que se está transmitindo desde as casas de apostas ou casinos, de forma física ou a través da internet, “é unha idea moi clara: xerar riqueza dun xeito desvinculado da actividade laboral e sen necesidade da mesma, xunto ao acceso e capacidade de investir os cartos e, de facelo ben, multiplicalos facilmente”. “É o momento de que as diferentes institucións adapten a normativa á realidade social, económica e tecnolóxica da actividade do xogo antes de que se converta nun problema sen retorno”, advirte o concelleiro.

Marea de Vigo considera que o Concello ten que realizar unha actuación activa e non colaboradora con este tipo de negocios, tanto poñendo as trabas legais posibles á súa apertura como regulando de xeito restritivo a publicidade destes locais cara a frear a súa expansión a través das ordenanzas ou as normas urbanísticas, así como medidas de prevención da ludomanía. O partido ten previsto trasladar propostas ao respecto en forma de moción nos vindeiros meses.

fitur 2020

sucesos

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído