23082019Vie
Última edición: Jue, 22 Ago 2019 10pm

O prazo para solicitar as bolsas de inglés de 2019 en Vigo abre este luns

O programa municipal permitirá a estadía de 750 alumnos durante tres semanas en localidades de Reino Unido ou Irlanda. Está previsto que as viaxes comecen a mediados de setembro

18 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha saída de bolseiros desde Peinador. / Foto: vigo.org Unha saída de bolseiros desde Peinador. / Foto: vigo.org

O prazo para solicitar a participación no programa de inmersión lingüística ‘Vigo en inglés’ permanecerá aberto entre o 21 de xaneiro e o 1 de febreiro. Os alumnos de 3º da ESO interesados poderán formalizar a solicitude no Rexistro do Concello para gozar dunha estadía de tres semanas en Reino Unido ou Irlanda en réxime de integración co alumnado nativo.

O programa conta cun orzamento de 1.704.000 euros e 750 prazas, que inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa.

Do mesmo xeito, o Concello sufraga os gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), o importe das viaxes de ida e volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado e seguros de viaxe e responsabilidade civil.

Está previsto que as viaxes comecen a mediados de setembro para iniciar o curso en centros británicos.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído