23082019Vie
Última edición: Jue, 22 Ago 2019 10pm

benestar social

Os Coidadores de Barrio realizaron máis de 31.000 servizos no ano 2018

O programa municipal ten 350 usuarios asiduos aínda que se atenden a miles de persoas, das que a maior parte superan os 60 anos

17 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha coidadora de barrio en Coia. / Foto: VIGOÉ Unha coidadora de barrio en Coia. / Foto: VIGOÉ

Os 47 coidadores de barrio que operan na cidade prestaron en 2018 máis de 31.000 servizos, dos que 14.576 foron acompañamentos e o resto, asuntos relacionados con información ou limpeza, entre outros.

Cun orzamento anual de 540.000 euros, actúan nas zonas de Casco Vello-Torrecedeira, Teis, Bouzas-Coia, As Travesas e O Calvario en horario de mañá e de tarde. A maior parte dos usuarios supera os 60 anos e o perfil é o dunha muller de entre 70 e 100 anos, que vive soa. Aínda que se atenden a ducias de persoas a diario, hai uns 350 usuarios asiduos.

O programa facilita a vida dos e das veciñas e ao mesmo tempo funciona como un sistema de inserción laboral para os coidadores.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído