22082019Jue
Última edición: Mié, 21 Ago 2019 8pm

nadal

As mellores postais de Nadal dos nenos vigueses locen no Vitrasa

A concesionaria do transporte urbano da cidade recibiu máis de 400 debuxos no marco do seu tradicional concurso e convidou aos rapaces ao cine

04 Enero 2019 por
Unha das postais, no interior do Vitrasa. / Foto: VIGOÉ Unha das postais, no interior do Vitrasa. / Foto: VIGOÉ

Vitrasa entregou este venres os premios aos gañadores do concurso de postais de Nadal que organiza cada ano entre os colexios da cidade. Por décimo terceiro ano consecutivo, a concesionaria do transporte urbano de Vigo convidou a todos os centros de educación primaria a participar e finalmente recibiu máis de 400 debuxos. Entre todos eles, seleccionáronse tres para ilustrar as postais que a empresa empregou para felicitar as festas. Ademais, un bus da flota irá vinilado no seu interior coas creacións gañadoras.

Esther Alonso Rodríguez, do colexio María Inmaculada (Carmelitas), foi a vencedora do certame, no que tamén se conxugaron alusións ao 50º aniversario da compañía. O segundo premio recaeu en Sofía Alonso Lago do colexio Pintor Laxeiro e o terceiro en Teresa Piñeiro de Dios do María Inmaculada (Carmelitas). Entregáronse tamén dous accésit, un a José Prieto García do colexio Mariano e outro a Victoria Amoedo Prieto, de Carmelitas.

Vitrasa premiou as tres mellores postais e concedeu dous accésit. A cerimonia de entrega dos galardóns desenvolveuse no Centro Comercial Gran Vía de Vigo, primeiro cunha visita ao autobús  vinilado, estacionado na entrada principal da superficie comercial, e logo nas salas de cine do complexo.

No acto, os rapaces estiveron acompañados polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino. Trala entrega dos recoñecementos, a empresa convidou aos colexios participantes á proxección da película ‘Spiderman’, da que puideron gozar máis de 100 nenos dos centros escolares, cativos da asociación Bicos de Papel e fillos dos traballadores da concesionaria.

Inicia sesión para enviar comentarios

maltrato animal

mar

ocio

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído