07122019Sáb
Última edición: Sáb, 07 Dic 2019 1pm

O Nadal Bus, que xa suma 2.000 usuarios, amplía o seu servizo con dúas rutas máis

Haberá dúas saídas máis ás 22:00 e 23:00 horas todos os venres e sábados. O Concello de Vigo mantén os percorridos das 18:30, 19:30 e 20:30 horas

07 Diciembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Nadal Bus en Policarpo Sanz. O Nadal Bus en Policarpo Sanz.

A iniciativa do Bus Nadal foi un éxito rotundo e as cifras dos seis primeiros días desde a posta en funcionamento indican que case 2.000 persoas realizaron algunha das tres rutas por toda a cidade para desfrutar do alumeado.

Debido á demanda dos usuarios, o Concello de Vigo decidiu ampliar o servizo de forma que haberá dúas rutas máis os venres e sábados, con horarios de saída ás 22:00 e 23:00 horas.

Percorridos bus turístico (Todos os días desde 1 de decembro). Cinco rutas con dous autobuses con inicio e final en Policarpo Sanz, 12 (frente a Casa das Artes): 

Ruta 18.30 horas: Policarpo - Urzaiz - Gran Vía - Praza España - Pizarro- Jenaro – Aragón - Travesía de Vigo -Sanjurjo - García Barbón – Areal -Praza Compostela – Reconquista

Ruta 19.30 horas: Policarpo - Urzaiz - Gran Vía - Praza España – Castrelos - Portanet - Val Miñor – M.Castro - Florida - Praza América – Camelias - Venezuela/Gran Vía - Areal - Rep. Argentina - Praza Compostela – Reconquista - Policarpo

Ruta 20.30 horas: Policarpo - Urzáiz - Gran Vía - Praza España - Praza América – Castelao - Tomás Paredes - Camilo Veiga – Bouzas - Tomás Alonso – Torrecedeira - Cánovas del Castillo – Carral – Pontevedra – Areal - Praza Compostela - República Argentina - Policarpo Sanz

Ruta 22.00 horas: Policarpo - Urzaiz - Gran Vía - Praza España - Pizarro- Jenaro – Aragón - Travesía de Vigo -Sanjurjo - García Barbón – Areal -Praza Compostela – Reconquista

Ruta 23.00 horas: Policarpo - Urzaiz - Gran Vía - Praza España - Pizarro- Jenaro – Aragón - Travesía de Vigo - Sanjurjo - García Barbón – Areal -Praza Compostela – Reconquista

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído