09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

6.000 postais para visibilizar a pobreza e reclamar máis gasto social en Vigo

A Asemblea por un Vigo Máis Social remitiu dous destas postais á Valedora do Pobo e ao Defensor del Pueblo dentro da campaña #AlumeandoAMiseria

07 Diciembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha das postais da campaña. Unha das postais da campaña.

A Asemblea por un Vigo Máis Social iniciou unha campaña coa que pretende denunciar o gasto en iluminación de Nadal á vez que alertar sobre a pobreza na cidade e reclamar un maior investimento en política social.

Baixo o nome #AlumeandoAMiseria,  iniciou unha tirada de 6.000 postais. A presentación da campaña fixose diante das oficinas centrais de Correos en Vigo este venres as 18:00. Dende alí enviaron as postais a Milagros Otero (Valedora do Pobo) e a Francisco M. Fernández Marugán (Defensor del Pueblo), acto co que reclamaron a estas dúas figuras que protexan os dereitos básicos que "cada día son vulnerados na nosa cidade".

Abordan en seis postais diferentes problemas sociais que padece na cidade "e que o goberno municipal intenta agochar coas luces de Nadal". Lanzáronse 1.000 postais de cada un dos seguintes temas:

1- Axudas sociais #VigoComeLuces
2- Sen fogar #VigoDistraeseConLuces
3- Vivenda #VigoDormeBaixoAsLuces
4- Pobreza enerxética #VigoQuentaseConLuces
5- Cultura #VigoSeculoDasLuces
6- Xentrificación #VigoLongaNoiteDeLuces

Logo de facer o envío na caixa de correos, fixose un reparto das postais polo centro da cidade, "de cara a animar o debate entre as veciñas sobre a mellor forma de gastar os limitados recursos públicos nunha cidade con moitas necesidades sociais".

No arquivo adxunto que acompaña ao artigo poden verse os deseños dos seis modelos de postais.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído