22092019Dom
Última edición: Dom, 22 Sep 2019 7pm

Vigo accede á final dos premios europeos de mobilidade

A cidade olívica competirá pola máxima distinción dos Access City Award 2019 coas localidades de Breda (Holanda), Evreux (Francia), Gdynia (Polonia) e Kaspovar (Hungría)

21 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
As escaleiras mecánicas de Abeleira Menéndez. / Foto: Arquivo As escaleiras mecánicas de Abeleira Menéndez. / Foto: Arquivo

Vigo é unha das cinco cidades europeas finalistas nos Access City Award 2019, un premio anual que outorga a Comisión Europea ás cidades máis accesibles. A proposta do Concello foi elixida entre 52 solicitudes e competirá na final no reparto de tres primeiros galardóns e dous accésit coas urbes de Breda (Holanda), Evreux (Francia), Gdynia (Polonia) e Kaspovar (Hungría).

O Concello recibiu con “gran satisfacción” esta resolución que o alcalde, Abel Caballero, asume como un “recoñecemento a un modelo diferente de facer cidade”, no que as infraestruturas están ao servizo de facilitar a calidade de vida aos seus cidadáns. As humanizacións e o Vigo Vertical forman o groso dunha candidatura chea de proxectos que dan solución a orografía da cidade e os problemas de mobilidade que esta xera.

A proposta recoñecida desde Europa pon en valor a “revolución das humanizacións” con rebaixa e ensanche de beirarrúas; semáforos acústicos e pasos de cebra con resaltes; transporte público adaptado (autobuses e taxis) ou as cadeiras anfibias que se usan no verán para facilitar o baño de persoas con dificultade de mobilidade.

Outro dos piares da candidatura é o Vigo Vertical, no que destacan proxectos como as escaleiras de Abeleira Menéndez; os ascensores de Menéndez Pelayo, San Salvador, Marqués de Valterra e Torrecedeira; as ramplas de Gran Vía, arteria principal da cidade cunha pendente variable do 8% ao 14% ou a peonalización da Porta do Sol, que inclúe un túnel para restrinxir o tráfico rodado na zona).

Caballero lembrou que estes proxectos están cofinanciados por fondos Feder, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Vigo Vertical, que permitirá á cidade recibir 15 millóns de euros para desenvolver proxectos que compacten a cidade e eliminen as disfuncións que ten consecuencia de ser “unha montaña”.

Inicia sesión para enviar comentarios

marítima

navidad

movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído