22082019Jue
Última edición: Jue, 22 Ago 2019 10pm

PARQUE NACIONAL

Rutas guiadas, xornadas de difusión e exposicións nas Illas Atlánticas

As actividades están dirixidas ao público en xeral e, na súa maioría son gratuítas. Este luns faranse públicas as condicións para participar no programa de Rutas Guiadas ‘Descubrindo o Parque Nacional’

11 Enero 2015 por
Valora este artículo
(4 votos)
As illas Cíes, dende o Alto do Príncipe. / Foto: A.G. As illas Cíes, dende o Alto do Príncipe. / Foto: A.G.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas presentou o programa de actividades para o primeiro trimestre de 2015, onde destacan as rutas guiadas, as xornadas de difusión e investigación, así como as exposicións e proxeccións. As actividades están dirixidas ao público en xeral e na súa maioría son gratuítas.

Unha das actividades que se mantén, debido ao seu éxito e demanda, son as visitas guiadas no Centro de Visitantes do Parque nacional, tamén coñecido como Edificio Cambón, e as Illas Cíes. Con este tipo de iniciativas buscase que os visitantes coñezan os valores naturais e patrimoniais dos catro arquipélagos (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) que conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre.

Trátase de actividades divulgativas que consisten en visitas guiadas polas distintas salas do centro co fin de coñecer a historia, as paisaxes, a biodiversidade, as especies e ecosistemas máis representativos así coma o significado e valor dos espazos que conforman as illas.

A importancia destas visitas radica no feito de dar a coñecer os valores naturais e patrimoniais dos arquipélagos destacando que calquera centro escolar ou outros colectivos que así o desexen poden participar deste tipo de iniciativas guiadas cubrindo unha solicitude que se atopa na páxina web www.parquenacionalillasatlanticas.com ou poñéndose en contacto co centro.

A partir do vindeiro luns farase pública as condicións, datas e solicitudes para participar na actividade Descubrindo o parque Nacional, unha serie de visitas guiadas aos restantes illotes do Parque Nacional fóra da tempada estival, nunha época de menor afluencia, e na que se descobre os seus valores dende outro punto de vista. Co ánimo de preservar os valores de cada illa e ofrecer unha atención o máis personalizada posible estipúlase un número máximo de participantes

A Consellería de Medio Ambiente afirma que aposta pola investigación e o seguimento do hábitats do parque como unha medida para facer compatible a conservación das distintas especies de flora e fauna co goce dos mesmos. Neses sentido, as III Xornadas de Difusión do Investigación e Seguimento no Parque Nacional serán un marco de debate e de intercambio de experiencias que permitan poñer en valor este enclave natural de Galicia.

As xornadas celebraranse a finais de febreiro e teñen por obxectivo de dar a coñecer a profesionais relacionados co medio ambiente e ao público en xeral a actividade de investigación e seguimento neste enclave natural. Así, por terceiro ano consecutivo, búscase difundir o resultado das actuacións e proxectos que nos axudan a acada cada día un coñecemento máis completo da súa contorna.

Ciclo de exposicións
O edificio Cambón programa todos o venres, a partir do 16 de xaneiro, a proxección do traballo audiovisual Documentais de natureza, un documento que recolle imaxes dos fondos mariños e dos ecosistemas acuáticos. As proxeccións terán lugar ás 18:30 horas no Edifico Cambón (a entrada realizarse pola Rúa Oliva, nº 3).

Durante este mes de xaneiro poderá visitarse a exposición Unha ollada as túas illas, que é unha mostra de obras participantes no II Concurso de fotografía do Parque Nacional. No vindeiro mes, a pintura será a protagonista coa exposición Lenzos da natureza 2014, na que se poderán coñecer as obras participantes no II Encontro de pintores no Parque Nacional.

A última das mostras é a exposición permanente sobre o Parque Nacional, que se pode consultar no horario de apertura do Edificio Cambón. (Martes a sábado 10:00- 12:00h e de 16:30- 19:30h. Domingos e festivos 11:00-14:00 h. Luns pechado (incluído festivo).

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído