16112018Vie
Última edición: Vie, 16 Nov 2018 5pm

Cen alumnos da Escola Oficial de Idiomas poderán optar ás bolsas do Concello

Reino Unido, Irlanda, Francia, Alemaña, Austria, Italia, Portugal, Xapón e China son os destinos dispoñibles no programa, que vén de aprobar as bases da súa convocatoria

08 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A escola oficial de idiomas. A escola oficial de idiomas.

O Concello de Vigo vén de aprobar as bases e convocatorias das bolsas municipais para estancias lingüísticas no estranxeiro destinadas ao alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. O programa para 2019 presenta un orzamento de 175.000 euros para un total de cen vacantes.

Da centena, 66 son para o Reino Unido e/ou Irlanda, 11 para Francia, 6 para Alemaña e/ou Austria, outras tantas para Italia, 4 en Portugal, 4 para Xapón e 3 para China. O Concello ofrece unha estadía formativa nestes países, tal e como fai cos 750 alumnos de Secundaria que viaxaron este mes de setembro ao Reino Unido e Irlanda.

De cara ao 2019, o Concello aumenta o número de vacantes e a partida orzamentaria. A partida chega aos 175.000 euros para contar con cen prazas; neste 2018 viaxaron 92 estudantes da EOI por un importe de 160.000 euros.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

celta

espectáculos

economía

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído