17112018Sáb
Última edición: Sáb, 17 Nov 2018 7pm

Marea de Vigo rexistra unha emenda á totalidade aos orzamentos de Vigo para 2019

O grupo municipal critica que o goberno invista 18 millóns en obras e, por outra banda, 440.000 en acción social ou 95.000 euros en patrimonio histórico

08 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os concelleiros Rubén Pérez e Xosé Lois Jácome. / Foto: Marea de Vigo Os concelleiros Rubén Pérez e Xosé Lois Jácome. / Foto: Marea de Vigo

O grupo municipal da Marea de Vigo vén de rexistrar unha emenda á totalidade aos orzamentos que terá Vigo en 2019. O voceiro da formación, Rubén Pérez, argumenta esta medida, entre outras cousas, polo “xogo” que cree que fai o goberno local de “sumar importes que logo non se executan”, o cal “impide ver con claridade cal é o problema real da política orzamentaria deste concello e por que non se executan correctamente as inversións cada ano”.

Segundo Pérez, a data de peche do terceiro trimestre deste ano 2018, a execución dos investimentos non chegaba ao 10%. Por iso, Marea reclama “outra práctica política” por parte do Goberno local do PSOE á hora de abordar a configuración dos orzamentos locais. “A existencia de maiorías electorais non significa un traslado de maiorías sociais e moito menos de consensos amplos se previamente non se traballa na cidade informando e deseñando as partidas orzamentarias co conxunto da sociedade e o tecido asociativo da nosa cidade”, engade.

Marea de Vigo afirma na súa emenda que “un concello que consigna case 18 millóns de euros para investimentos en obras públicas e apenas 90.000 euros en museos, 95.000 en patrimonio histórico, 32.500 en bibliotecas e arquivos, ou 440.000 en acción social, ten un problema serio de prioridades de gasto e dista moito de chamarse progresista”.

Ademais, na liña que veñen demandando, lembran que “en diversos concellos no conxunto do Estado xa se teñen articulado mecanismos participativos co obxectivo de implicar á cidadanía na toma de decisións sobre os orzamentos do seu propio concello, conforme ademais ao código de bo goberno da FEMP que preside o mesmo Abel Caballero, onde di claramente que nos concellos que forman parte da entidade se aplicarán os orzamentos participativos como ferramenta de mellora da participación da cidadanía”.

Para a Marea de Vigo, e tal e como o cualifican na emenda, o proxecto orzamentario presentado polo Goberno do PSOE “volve conter os mesmos vicios de proxectos orzamentarios anteriores”, xa que, segundo o voceiro do grupo municipal, “está formulado sobre un suposto factor expansivo no capítulo de gasto social” cando os datos do INE continúan a colocar a Vigo como a cidade galega con maior taxa de poboación en risco de pobreza.

“Semella que este proxecto orzamentario parece non ter analizado en que momento se atopa a cidade de Vigo. Por unha banda, no relacionado co emprego e na necesidade de darlle cobertura en canto a recursos públicos ás miles de familias en risco de exclusión social que diariamente abarrotan as dependencias municipais en busca de axudas sociais, e pola outra, con respecto ás necesidades dos barrios con respecto ás dotacións existentes e a previsión de futuras”.

Marea de Vigo tamén incide no relacionado á situación do Auditorio Mar de Vigo nos orzamentos para o 2019. Por unha banda, por non prever o impacto do pago da débeda e, por outra, pola consignación de 500.000 euros a un convenio para a promoción de actividade cultural no auditorio Mar de Vigo a unha empresa no seu día contratada pola UTE quebrada. “Ao non existir a UTE, non pode ser asignado deste xeito este montante, sen concorrencia e sen posibilidade de optar a participar a outras empresas do sector da xestión cultural”, engade Rubén Pérez.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

vigo

  • Adéntrate en el futuro Centro Vialia
    Adéntrate en el futuro Centro Vialia El proyecto del Centro Vialia, cuyas obras acaban de comenzar, está llamado a marcar un antes y un después para el transporte en la ciudad y la vida de los vigueses. La futura estación intermodal aglutinará el servicio de autobús…
    Leer más...

más vigo

economía

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído