18102018Jue
Última edición: Jue, 18 Oct 2018 11am

A Deputación de Pontevedra apúntase ás visitas teatralizadas en Pereiró

O organismo provincial aumentará a oferta lanzada polo Concello e organizará rutas literarias

11 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha escultura no cemiterio de Pereiró. / Foto: Turismo Rías Baixas Unha escultura no cemiterio de Pereiró. / Foto: Turismo Rías Baixas

A Deputación de Pontevedra vai desenvolver neste mes de outubro unha serie de rutas por cemiterios históricos da provincia -entre os que se atopa o de Pereiró-, que estarán centradas no patrimonio literario e artístico. O fío condutor van ser personaxes da literatura e do mundo das artes, relacionados con cada un dos camposantos, que van ir guiando os distintos roteiros para coñecer máis polo miúdo cada un deles.

Se este mércores era o Concello de Vigo o que anunciaba as súas visitas teatralizadas de balde, cuxa inscrición xa comezou, este xoves é o organismo provincial o que amplía a oferta cultural vencellada ao patrimonio que ofrecen os cemiterios.

As visitas desenvolveranse os domingos 21 e 28 de outubro, comezarán ás 11.00 horas na entrada de cada camposanto e tamén son gratuítas. Haberá un número limitado de 25 persoas por grupo, debido ás especiais características dos lugares que se visitan.

Dende este venres, 12 de outubro, xa se pode reservar praza para esta iniciativa. A partir das 09.00 horas haberá que enviar un correo electrónico á dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e as entradas iranse adxudicando por orde de inscrición ata completar aforo. No correo de reserva, as persoas interesadas teñen que indicar o número de persoas que queren ir co seu nome e apelidos (máximo de catro por cada reserva), que día e ruta escollen e un teléfono de contacto.

No cemiterio de Pereiró, o máis extenso de Vigo, a través da figura de Concepción Arenal, interpretada por unha actriz, os participantes nesta iniciativa poderán coñecer a orixe e a historia deste camposanto, a súa capela neogótica, o cemiterio civil ou a pegada dalgúns personaxes destacados como Urbano Lugrís, José María Álvarez Blázquez ou Tomás Argüelles.

Tal e como destacou a presidenta, Carmela Silva, esta iniciativa enmárcase na estratexia da Deputación de pór en marcha proxectos para desestacionalizar o turismo na provincia e “para poñer en valor o noso patrimonio e a nosa cultura”. “Preténdese poñer en valor así un atractivo máis dos que se poden atopar na provincia de Pontevedra, que ademais se potencian fóra da temporada na que se soen recibir máis visitantes”, engadiu.

Cómpre ter en conta tamén que, nos últimos anos, descubrir a historia dos lugares a través dos seus camposantos é algo moi en auxe, que se está convertendo nunha nova forma de visitar as cidades.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

vigo

  • El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años
    El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años El Olivo de Vigo está en plena forma. Una nueva tomografía encargada por el Concello ha constatado que su estado es “muy bueno” y que casi duplicó su volumen en los últimos cinco años. El árbol más representativo de la…
    Leer más...

sucesos

el tiempo

  • Últimas noticias

  • Más leído