18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 4pm

1,5 millóns de euros para reformar os pavillóns da bancada de Río

O Concello dotará a estes espazos deportivos de novos firmes, novos vestiarios e aseos públicos, dun novo vestíbulo e accesos aos recintos e dunha nova instalación de luz LED

27 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Obras da grada de Río. / Foto: Nortap Ingenieros Obras da grada de Río. / Foto: Nortap Ingenieros

O proxecto presenta un orzamento próximo ao millón e medio de euros para remodelar os espazos deportivos baixo a bancada de Río, no estadio de Balaídos, onde Concello e Deputación levan investido 13 millóns de euros, segundo explicou este venres Abel Caballero.

O goberno vigués reformará os pavillóns baixo a bancada de Río, en Balaídos, despois de ter aprobado o proxecto de remodelación cun orzamento próximo ao millón e medio de euros.

Explicou Abel Caballero que o Concello dotará a estes espazos deportivos de novos firmes, novos vestiarios e aseos públicos, dun novo vestíbulo e accesos aos recintos e dunha nova instalación de luz LED. Ambas institucións, cifrou o alcalde, levan investidos no estadio municipal de Balaídos 13 millóns de euros, aos que se engaden agora este millón e medio máis correspondente aos pavillóns.

Esta obra forma parte do convenio subscrito polo goberno de Vigo e a Deputación provincial para a mellora de instalacións deportivas en Vigo. O acordo achégase aos dez millóns de euros e inclúe a renovación do céspede nunha decena de campos de fútbol e os pavillóns de Romil e de Quirós, en Sárdoma, ademais da remodelación integral dos existentes baixo a bancada de Río.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído