22082018Mié
Última edición: Mar, 21 Ago 2018 7pm

Marea de Vigo non asistirá á toma de posesión do novo delegado de Zona Franca

A formación critica a “exclusión do grupo municipal” no pleno do Consorcio

17 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Regades, ás portas de Zona Franca. / Foto: CZFV Regades, ás portas de Zona Franca. / Foto: CZFV

O grupo municipal da Marea de Vigo anunciou este martes que non asistirá á toma de posesión do novo delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, que terá lugar a mediodía deste mércores. A formación política segue a considerar que o PSOE vigués está a levar a cabo un “uso absolutamente antidemocrático” da súa maioría absoluta, o cal ve reflectido no feito de que “dos seis membros que elixe o Concello de Vigo sexan todos exclusivamente do PSOE, feito inédito na historia da democracia”.

Así, Marea de Vigo non considera unha boa nova a recente elección do delegado para o ente público, especialmente no relativo á “falla de talante democrático”, xa que cren que “o Pleno da Zona Franca corre o perigo de converterse definitivamente nunha 'sucursal' do goberno de Abel Caballero, instalándose as mesmas prácticas nesta importante administración pública”.

En 2015 a Marea de Vigo foi excluída do Pleno do Consorcio argumentando o cambio normativo aprobado polo Partido Popular ligado á Ley de Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local, na que a representatividade do Pleno era substituída pola representatividade da Xunta de Goberno e alcaldía deixando neles o criterio de incluír na proposta de vogais aos grupos presentes no Pleno do Concello.

Esta formación denunciou que mentres noutras zonas francas no conxunto do Estado se lles outorgou representación a grupos como o da Marea de Vigo, no caso de Vigo “o alcalde decidiu, amarrándose a unha lei do Partido Popular, que soamente representantes do seu partido, o PSOE, ocuparan esas vacantes, nun claro exercicio de falta de democracia”.

Así, Marea de Vigo seguirá a defender un modelo para Zona Franca cunha perspectiva “metropolitana”, cun carácter de motor da industria e tecido empresarial da comarca, órganos plurais e diálogo permanente con todas as administracións do Estado.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

camino de Santiago

sucesos

deportes

  • Últimas noticias

  • Más leído