21102019Lun
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 10pm

Os guías de Cíes acusan á Xunta e as navieras de incumprir a lei

Os profesionais acreditados do Parque Nacional das Illas Atlánticas foron este xoves á folga para denunciar o intrusismo laboral e esixen que se cumpra o Plan Director

22 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
As Illas Cíes. As Illas Cíes.

A Asociación de Guías Acreditados dás Illas Atlánticas de Galicia- AGAIA acusa as navieras de non cumprir a normativa vixente ao contratar a guías sen a titulación esixida durante este mes de xuño ante a inacción da Xunta de Galicia. Para denunciar este intrusismo laboral, os guías acreditados foron o pasado xoves á folga. 

Nun comunicado, AGAIA sinala que "as navieras que fan o servizo de transporte ó Parque Nacional, quenes proporcionan guías ós grupos de visitantes, contrataron a persoas sin a titulación esixida para realizar rutas guiadas neste espazo protexido. Dita titulación, o curso de guías do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, é un requisito indispensable para desenvolver a función de guías en el Parque Nacional".

A asociación denuncia que con esta práctica incúmprese o Plan Director de Parques Nacionais. "Este requisito está recollido no Real Decreto 389/2016, polo que se aproba o Plan Director da Rede de Parques Nacionais. No seu artículo 3.2.5 "Directrices relacionadas coa conservación e atención ó visitante", apartado K, se específica que o exercicio da actividade de guía nun parque nacional requerirá da habilitación mediante curso ou exame por parte da administración xestora de dito parque nacional", di o cuminacado.

AGAIA considera que este intrusismo pon en perigo os valores naturais do parque ao ser persoas sen a titulación esixida as que realizan os labores de guías. "Queremos conseguir, entre todos, realizar visitas guiadas de calidade, cumpriendo a normativa existente e permitindo un disfrute deste espazo natural por parte dos visitantes sin poñer en perigo os valores naturais e culturais deste Parque Nacional que tanto amamos os integrantes desta asociación", conclúe.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído