24042019Mié
Última edición: Mar, 23 Abr 2019 9pm

A Cidade da Xustiza de Vigo terá unha escola infantil para os empregados

O edificio albergará tamén outras unidades relacionadas coa Xustiza, como a Policía Xudicial, a Policía Autonómica e o Imelga; e contará cunha praza para uso público

04 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O titular do Goberno galego visitou a fase final das obras que converterán o antigo Hospital Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo. / Foto: Xunta de Galicia O titular do Goberno galego visitou a fase final das obras que converterán o antigo Hospital Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo. / Foto: Xunta de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou este luns a nova Cidade da Xustiza de Vigo como un elemento clave para mellorar a Administración de Xustiza e ofrecer o mellor servizo aos vigueses e aos traballadores.

Durante unha visita á fase final das obras que farán que este proxecto sexa unha realidade a comezos de 2020, co maior investimento que se teña feito en Galicia nunha infraestrutura xudicial: 30 millóns de euros, Feijóo subliñou que neste edificio se concentrarán todas as dotacións xudiciais da cidade e terá capacidade para albergar ata 55 órganos xudiciais ademais das seccións da Audiencia Provincial e a Fiscalía.

Así mesmo, albergará tamén outras unidades relacionadas coa Xustiza, como a Policía Xudicial, a Policía Autonómica e o Imelga; e contará cunha praza para uso público e cunha gardería para os fillos dos empregados.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta recordou que, co obxectivo de ofrecer o mellor servizo aos cidadáns, se puxo en marcha o Plan Senda de novas tecnoloxías, que supón un investimento de case 50 millóns para modernizar a Administración e convertela nunha auténtica Administración dixital do século XXI; e o Plan de infraestruturas xudiciais, a máis ambiciosa iniciativa de dotación de edificios nesta materia que se levou a cabo en Galicia e que está practicamente finalizado, cun orzamento que rolda os 100 millóns de euros.

Sobre este punto, destacou que son xa unha realidade os novos edificios de Ourense e a renovada Fábrica de Tabacos da Coruña, a ampliación dos edificios xudiciais de Ferrol e de Santiago e que o vindeiro ano estará en funcionamento o novo edificio de Pontevedra.

Feijóo recordou que a Xunta de Galicia é, na actualidade, a institución que máis inviste en Vigo, desenvolvendo proxectos como esta Cidade da Xustiza; a ampliación do barrio de San Paio de Navia, con 6000 novas vivendas protexidas; o futuro Campus do Mar; a ampliación do IFEVI; a apertura da Autovía do Morrazo; a Edar de Lagares;o Campus FP, un proxecto pioneiro que nace para ser unha ponte entre o mundo educativo e o mundo industrial; ou o hospital público Álvaro Cunqueiro.

O presidente da Xunta concluíu referíndose aos últimos datos do paro, que acreditan que Galicia é unha das comunidades con maior descenso do desemprego, con 22.900 parados menos no último ano e con máis de 26.700 novos afiliados á Seguridade Social.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

música

arte

cine

comarcas

  • Últimas noticias

  • Más leído