20102018Sáb
Última edición: Sáb, 20 Oct 2018 1pm

urbanismo

Marea de Vigo pide mecanismos de participación no novo PXOM

"É unha irresponsabilidade non falar claro sobre el, tanto por parte das forzas políticas presentes na Corporación como por parte de todas as que se presenten nas próximas eleccións do 2019"

16 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Vigo, desde O Cepudo. / Foto: Arquivo Vigo, desde O Cepudo. / Foto: Arquivo

O grupo municipal da Marea de Vigo valorou este mércores os pasos dados ata o de agora cara a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O concelleiro Xosé Lois Jácome incidiu este mércores en que "plantexar os mesmos criterios que se aplicaron para a redacción do PXOM do 2008 está fóra da realidade social, económica e de crecemento da cidade, existindo nova lexislación que xa fai inviable o plantexamento anterior, así como o feito de fundamentalo nunha suposta necesidade de 113.000 novas vivendas, premisa a todas luces baseada na burbulla inmobiliaria". 

A Marea de Vigo asegura que seguirá visitando aos barrios e parroquias para explicarlle á veciñanza o seu modelo de cidade, "o mesmo co que xa concorremos ás eleccións municipais no 2015 e sobre o que baseamos todas as nosas propostas en materia de urbanismo dende entón ata o de agora". 

Pola súa banda, Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, quixo matizar o feito da anulación do 2008, en canto a que "é preciso ter claro que o documento sobre o que se redactará o novo Plan Xeral é o do 1993, moita xente ten como referencia o plan anulado do 2008 por estar máis cerca no tempo, polo que se fai necesario dotar de ferramentas de consulta áxiles e accesibles para a veciñanza".

 Do mesmo xeito, Rubén Pérez incidiu na importancia de abordar certas cuestións relacionadas co novo PXOM que poidan resultar comprometidos: "Hai que expresarse claramente sobre fichas como a de Liñeiriños, sobre a que estamos radicalmente en contra, ou, por exemplo, se se quere seguir incorporando ao novo Plan todos eses Peris que levan secuestrado o urbanismo vigués dende os anos 90".

 Con respecto á modificación do proxecto de Gran Vía, Marea de Vigo considera que "o máis importante é ser rigorosos na modificación do proxecto, que debe ser acorde cos criterios que marca a UE no outorgamento de fondos como os EDUSI, xa que perder 15 millóns de euros por non ser rigorosos e por ter présas para desenvolver o proxecto é unha gran irresponsabilidade".

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

celta

proyectos

el proyecto de thom mayne

  • Últimas noticias

  • Más leído