20102018Sáb
Última edición: Vie, 19 Oct 2018 11pm

O parque da rúa Venezuela duplicará a súa superficie de xogo e reforzará a seguridade

As obras rematarán en menos de un mes para logo comezar a humanización e a construción do carril bici

15 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O alcalde, Abel Caballero, visitou o parque este martes. / Foto: Concello de Vigo O alcalde, Abel Caballero, visitou o parque este martes. / Foto: Concello de Vigo

O parque da rúa Venezuela duplicará a súa superficie de xogo e reforzará a seguridade tras a inversión de 766.000 euros efectuada polo Concello de Vigo, que renovará totalmente a zona. As obras inclúen a impermeabilización da praza, a colocación dunha xardineira lateral, novas beirarrúas, unha escalinata de acceso, pasos de peóns con resalto, semaforización e balizas para peóns e novos peches acristalados.

Ademais, por suposto, instálase unha nova área de xogos, baranda e chan de goma de cores. Na rúa -unha das máis densamente poboadas de Vigo- tamén se están a substituír 1,5 quilómetros de tubaxes de abastecemento.

Así, os estudantes dos tres colexios próximos e os veciños da zona poderán gozar en menos dun mes do parque remodelado.

A esta obra sumarase a principios do mes de xuño é a humanización integral da rúa a propósito da construción do carril bici, desde a Praza do Bicentenario ata a confluencia con Pizarro.

O carril bici vaise desenvolver en cinco fases construtivas e o orzamento elévase a case seis millóns de euros, que son sufragados pola Deputación e o Concello, nun 60% e nun 40%, respectivamente.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

obras

  • Coia dice adiós a sus míticos volcanes
    Coia dice adiós a sus míticos volcanes Coia dice adiós a sus míticos volcanes. El Concello ha procedido esta semana a su demolición en el marco de las obras que está haciendo con motivo de la instalación del carril bici y la reforma del inicio y final…
    Leer más...

medio ambiente

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído