18092019Mié
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

A Holi Life agarda máis de 12.000 participantes este domingo en Samil

A proba lúdica e deportiva encherá de cores e música a zona próxima ás instalación deportivas

07 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha edición anterior da Holi Life. / Foto: Holi Life Unha edición anterior da Holi Life. / Foto: Holi Life

A quinta edición da Holi Life celebrarase este domingo 13 de maio (11.00 horas) en Samil, xunto ás instalacións deportivas municipais, coa previsión de reunir a máis de 12.000 persoas. Esta proba non competitiva, anteriormente coñecida como Holi Run, fai escala en diferentes cidades de España pero Vigo será a única galega que a acollerá.

A cita ofrece cinco quilómetros de percorrido con puntos de cor cada mil metros e moita animación con toneladas de pos de cores. A proba está pensada para todos os públicos, pode facerse correndo ou camiñando pois o divertimento dos asistentes é o principal obxectivo.

A participación en Vigo vén crecendo cada ano, chegando no 2017 aos 12.500 participantes, cifra que nesta quinta edición prevé igualarse ou incluso superarse. As inscricións poden tramitarse na web da Holi Life e a entrega de dorsais terá lugar o venres e o sábado, de 11.00 a 19.00 horas no centro comercial Praza Elíptica, incluíndo os pos de cores e unha camiseta.

Os prezos varían en función da idade o de se a reserva de entradas se fai de xeito individual ou en grupo. Os menores de sete anos só pagan 1 euro pola inscrición.

Artigos relacionados: La Holi Run vuelve a Samil con otro nombre pero la misma intensidad de color

Medios

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído