13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 11am

Vide oferta 400 prazas nos campamentos de verán de Travesas, en Samil e na ETEA

Dende o 25 de xuño ao 13 de xullo para nenas e nenos de 6 a 14 anos. A inscrición ábrese o vindeiro día 7 de maio.

03 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Abel Caballero na apertura dun campamento. / Foto: vide.es Abel Caballero na apertura dun campamento. / Foto: vide.es

Os campamentos polideportivos da Fundación VIDE volven con forza este verán dende o 25 de xuño ao 13 de xullo. A inscrición ábrese o vindeiro día 7 de maio.

Despois do éxito da novidade dos campus de Samil e da ETEA o verán pasado, o edil decidiu darlles continuidade, polo que nesta edición haberá de novo tres campus (As Travesas, ETEA e Samil) para nenas e nenos, grazas tamén ao traballo de catorce clubs e unha federación.

Os campus están dirixidos a nenas e nenos de 6 a 14 anos. O campus polideportivo das Travesas, que acada a súa maioría de idade (naceu no ano 2000), terá o custo habitual de 70 euros (o alumnado ten o xantar no pavillón), mentras que os outros dous manexarán un prezo sensiblemente inferior (45 euros).

O primeiro deles será o do complexo das Travesas e ten fixadas as datas: do 25 ao 29 de xuño, co horario dos últimos anos (9:00 a 18:00 horas). Os participantes gozarán de once deportes (baloncesto, balonmán, fútbol sala, hóckey a patíns, béisbol, ciclismo, voleibol, natación, rugby, bádminton e deporte adaptado) e nesta oportunidade a excursión vaise realizar a Cangas. Haberá 200 prazas.

Despois chegarán as segundas edicións dos campamentos da ETEA (2-6 de xullo) e Samil (9-13 de xullo), con ximnasia acrobática, rugby e bádminton nas instalacións da antigua base naval e tenis, pádel e tenis de mesa no complexo de Samil. 100 prazas para cada un.

Este proxecto de VIDE e da Concellería de Deportes ten o apoio do Club Deportivo Bosco, Academia Octavio, Mosteiro Bembrive FS, Vigo Rugby Club, Club Ciclista Vigués, Halcones de Vigo, Xuvenil de Teis, Vigo Voleibol, Bádminton Rachaplumas, Flic Flac, Tenis Mesa Vigo, Pádel Cíes, Club Deportivo Amfiv e Federación Galega de Tenis.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído