25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

Vigo abre a pista de skate en Barreiro

A nova zona deportiva e de ocio, na que se investiron 45.000 euros, engádese a outras catro actuacións similares que están en proxecto

30 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A pista de skate de Barreiro. / Foto: Concello de Vigo A pista de skate de Barreiro. / Foto: Concello de Vigo

A nova pista de skate, BMX y Roller Vert Wall de Barreiro xa está aberta ao público xunto ao pavillón Máis que Auga tras recibir un investimento de case 45.000 euros e acometerse traballos de demolición da pista existente, escavación, drenaxes, construción de nova pista e elementos, varandas e taludes.

As novas instalacións contan con sete novos elementos deportivos (Bowl, Pala, Extensión, Step Up, Cuarter, Street, Cuarter Street) nunha superficie de actuación de 615 metros cadrados.

Este parque de skate súmase ademais a outras catro actuacións que están en proxecto: o parque de Skate, BMX e Roller Vert Wall en Navia (300.000 euros), a remodelación da pista do Castro (pendente do informe de Patrimonio da Xunta), a remodelación integral da pista do Calvario (Instituto) con inversión procedente do superávit e, tamén en Navia, unha pista de parkour na que se investirán 193.000 euros.

Palco en Zamáns
Ademais, o Concello aprobou as obras de reparación e acondicionamento do Palco de Zamáns, situado no parque forestal da parroquia.

Os traballos inclúen a reparación da cuberta, o friso de madeira, teito, pintado da estrutura e paredes cun orzamento de 20.000 euros.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído