19012019Sáb
Última edición: Vie, 18 Ene 2019 9pm

mobilidade

O Concello de Vigo adxudica o novo carril bici entre Samil e Teis por 4,2 millóns

As obras comezarán nos vindeiros días e estarán finalizadas nun prazo de 12 meses

19 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Infografía do novo carril bici de Vigo. Infografía do novo carril bici de Vigo.

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo adxudicou as obras do carril bici entre Samil e Teis a empresa Copasa por un prezo final de 4,2 millóns de euros.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves a adxudicación definitiva do novo carril bici que unirá Teis e Samil. As obras comezarán nos vindeiros días e estarán finalizadas nun prazo de 12 meses.

"Estou moi satisfeito pola adxudicación das obras e quero recoñecer a implicación da Deputación de Pontevedra á hora de colaborar no financiamento da actuación", sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. A construción do carril bici, cunha lonxitude de 10 quilómetros, ten un prazo de execución de 12 meses e saíu cun importe de licitación de 5,89 millóns de euros, pero finalmente foi adxudicado a Copasa por 4,2 millóns.

O carril bici arrancará na marxe esquerda da Avenida de Europa (en sentido centro) e discorre pola Avenida de Castelao ata a Praza de América, onde cruza a Camelia e Praza da Independencia. Desde alí chega á glorieta do Bicentenario, Venezuela, Pizarro e Travesía de Vigo para finalizar na parte baixa da rúa Bos Aires.

"Divídese en cinco tramos, nalgunhas partes do percorrido inclúe a humanización da beirarrúa, como por exemplo a zona próxima á Praza da América ou Venezuela", sinalou Caballero.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

balance

dep

economía

comarcas

sanidad

  • Povisa renueva su área de partos
    Povisa renueva su área de partos Povisa ha reestructurado y renovado su área de partos con el objetivo de mejorar la comodidad de las mujeres que van a dar a luz en el hospital y facilitar que todo el proceso, desde la dilatación hasta el propio…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído