20102018Sáb
Última edición: Vie, 19 Oct 2018 11pm

A escola infantil do Álvaro Cunqueiro xa ten data de apertura

A escola infantil Merlín comezará a funcionar en setembro co inicio do próximo curso escolar. O centro, que oferta 61 prazas para nenos e nenas entre 0 e 3 anos, abrirá o prazo de solicitudes o vindeiro luns

18 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O parque infantil exterior da escola. / Foto: Chuvi O parque infantil exterior da escola. / Foto: Chuvi

A escola infantil do hospital Álvaro Cunqueiro entrará en funcionamento no próximo mes de setembro, con motivo do inicio do vindeiro curso escolar. A escola leva o nome de Merlín en alusión á primeira novela editada en galego polo escritor Álvaro Cunqueiro, ‘Merlín e familia’.

Este novo centro de Educación Preescolar conta con 61 prazas para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. Trátase dun servizo ao que pode acceder o público xeral, tendo preferencia os fillos dos traballadores do Servizo Galego de Saúde no hospital. O seu horario inicial será de 07:30 a 16:00 horas de luns a venres os días laborais. En función da demanda estudaríase ampliar a xornada ata as 19:00 horas.

O período para solicitar praza estará aberto desde o próximo luns día 23 de abril ata o 16 de maio. Poderá realizarse a preinscrición nas oficinas sitas na planta 0 Vela F do hospital, de luns a xoves de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas, e os venres en xornada de mañá. Pódese consultar máis información no teléfono 677 457 636.

A posta en marcha deste novo servizo non asistencial vincúlanse á segunda liña de acción prioritaria do Plan Estratéxico da EOXI de Vigo, que leva por título “Coidado, Desenvolvemento e Recoñecemento dos e das profesionais”.

Entrada independente
Merlín, xestionada pola Escola Infantil Papaventos está emprazada na planta 0, Vela A, e conta cunha entrada específica e independente do hospital.

Dispón dunha superficie de 283 metros cadrados, ademais dun patio de xogos exterior. Estas instalacións contan con catro Aulas con seguintes niveis educativos: unha aula de 0-1 anos con capacidade para 8 bebés; unha aula de 1-2 anos para 13 nenos e nenas; e dous aulas de 2-3 anos con capacidade para 20 pequenos cada unha delas.

Completan este dispositivo unha sala polivalente, catro aseos, espazo específico para carros e recepción. Entre as súas prestacións, oferta tamén servizo de comedor.

En canto ao equipo docente fixo, está integrado por un Mestre de Infantil e catro Técnicos Superiores de Educación Infantil.

Criterios de admisión
No caso de resultar máis solicitudes que prazas, a administración ten fixados os seguintes criterios de admisión: en primeiro lugar, terán preferencia os fillos e fillas dos traballadores do Sergas destinados no Hospital Álvaro Cunqueiro; a continuación os do Sergas do resto dos centros da EOXI de Vigo; logo o resto de persoal que traballa nas instalacións do Álvaro Cunqueiro e, finalmente, o público xeral.

O proxecto educativo que ofrecerá Merlín foi previamente aprobado pola administración, e inclúe, entre outros aspectos, un traballo educativo desenvolvido mediante criterios de integración que permitan admitir e atender nenos con discapacidades físicas, psíquicas e/ou sensoriais.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

obras

  • Coia dice adiós a sus míticos volcanes
    Coia dice adiós a sus míticos volcanes Coia dice adiós a sus míticos volcanes. El Concello ha procedido esta semana a su demolición en el marco de las obras que está haciendo con motivo de la instalación del carril bici y la reforma del inicio y final…
    Leer más...

medio ambiente

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído