23102018Mar
Última edición: Lun, 22 Oct 2018 7pm

infraestruturas

A "singular" Biblioteca do Estado en Vigo

A proposta do Concello inclúe o traslado do CEIP e Residencia Altamar ao edificio novo dos xulgados e crear un Ágora Cultural no inmoble vello, ademais de abrir unha vía de acceso á rúa Lalín

13 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Infografía co novo edificio na rúa Lalín. Infografía co novo edificio na rúa Lalín.

O Concello de Vigo propón instalar a Biblioteca do Estado nun edificio "singular" nos terreos da rúa Lalín xa expropiados para o que ía ser a Cidade da Xustiza. O proxecto, presentado este venres polo alcalde, tamén inclúe trasladar o CEIP Altamar, así como a súa residencia, ao inmoble dos novos xulgados e crear no vello edificio unha Ágora Cultural.

"Vigo debe ter un edificio singular para a nova Biblioteca do Estado e esta é a nosa proposta, unha actuación pensada para os vindeiros 150 anos, no que tamén resolvemos a situación do Colexio Altamar e creamos unha gran zona cultural", sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación para explicar o proxecto elaborado polos servizos municipais.

A nova Biblioteca do Estado, segundo a proposta avanzada polo rexedor, tería unha superficie construída de 6.000 m2 e unha superficie da parcela neta de 3.671 m2, ocupando os terreos da rúa Lalín no que o Concello de Vigo xa investiu 5 millóns de euros. Ademais, a Ágora Cultural contaría cunha superficie xa construída -o edificio vello dos xulgados- de máis de 18.000 metros cadrados.

Pola súa banda, o traslado do CEIP e a residencia Altamar, agora mesmo na rúa do Carme e dentro do perímetro do Centro Municipal de Deportes, pasaría ao inmoble dos novos xulgados, levantados hai dúas décadas para albergar a sede da Audiencia Provincial. Neste caso, a superficie construída é de 7.894 m2 e a superficie da parcela de 1.924 m2. De forma complementaria, disporía dunha parcela anexa de 2.207 m2, que expropiaría o Concello e que permitiría instalar a zona deportiva.

Ministerio de Cultura
"Na zona hai unha gran preocupación polo baleiro que quedará ao marchar os xulgados á Cidade da Xustiza, polo que esta é unha boa solución que trasladaremos de xeito inmediato ao Ministerio de Cultura e posteriormente á Xunta de Galicia, que terá que encargarse do traslado do colexio", sinalou Abel Caballero.

O Concello barallaba varias opcións pero decidiuse ao final por unha actuación que contempla grandes zonas verdes e facilita o acceso, na actualidade con moitas complicacións, a través dunha nova vía na zona traseira que partiría desde a rúa Lalín.

Ademais, segundo explicou Caballero, o baleirado da actual residencia permitirá ampliar as instalacións do Centro Deportivo Municipal das Travesas. No tocante á Agora Cultural, o alcalde explicou que estaría destinada a acoller o movemento cultural da cidade, desde asociacións a un auditorio para acoller eventos.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

economía

mar

proyectos

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído