Imprimir esta página

Comeza a adquisición dos terreos para ampliar o paseo do Lagares ata Manuel Álvarez

O consistorio prevé facerse coa superficie de mutuo acordo cos propietarios pero, se non é posible, optará pola expropiación

20 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A senda fluvial chegará ata a rúa Manuel Álvarez. A senda fluvial chegará ata a rúa Manuel Álvarez.

O Concello de Vigo inicia a adquisición dos terreos que permitirán levar o paseo fluvial do río Lagares ata a rúa Manuel Álvarez. Esta zona é a que está situada ao final desta senda, que comeza na avenida de Madrid. O investimento municipal ascende a 776.000 euros neste novo tramo de 3,3 quilómetros, con seis meses de prazo estimado de obras.

A Xerencia de Urbanismo deste xoves dará conta da obtención dos terreos, que prevé facerse de mutuo acordo cos propietarios e, de non frutificar, optarase pola expropiación. Só afectará a zonas de servidume do río, o que supón cinco metros desde a marxe fluvial, onde xa existe a obriga legal de permitir o acceso ao río.

O Concello contempla a demolición de cinco pequenas construcións -alpendres, cerramentos e incluso unha ponte de formigón- para poñer en condicións o futuro paseo á beira do río Lagares.

Inicia sesión para enviar comentarios