19012020Dom
Última edición: Sáb, 18 Ene 2020 9pm

8 de marzo

Vigo respondeu "de forma extraordinariamente importante" a unha causa "magnífica"

Caballero valorou este venres a masiva manifestación do 8 de marzo na cidade como unha mobilización que "marcará un antes e un despois"

09 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)

Tras a histórica marcha deste xoves, na que Vigo se botou á rúa para defender a igualdade de xénero, chegan as valoracións políticas. No caso da cidade olívica, que reuniu a máis de 40.000 persoas segundo a Policía Local, o alcalde, Abel Caballero, subliñou que os vigueses responderon "de forma extraordinariamente importante" este 8 de marzo, polo Día Internacional das Mulleres, con "ducias de miles de persoas" nas rúas "para reclamar a igualdade" de homes e mulleres.

O rexedor valorou que esta manifestación, "no ámbito dos dereitos, marcará un antes e un despois", e enxalzou que Vigo saíra a rúa "reclamando os dereitos das mulleres, reclamando a igualdade, reclamando a desaparición das trabas e de todos os factores de marxinación, e apoiando a todas as vítimas de violencia de xénero", en toda Galicia pero en Vigo "de forma tan importante". De feito a imaxe da rúa Urzaiz ateigada de xente tivo unha grande repercusión a escala nacional.

Por último, o rexedor recordou que o deste xoves foi "algo que sucedeu contadas veces nesta cidade, o que é extraordinario porque a causa era magnífica". "Por iso, o meu orgullo de ser o alcalde de Vigo e a miña felicitación a toda a cidade", rematou.

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído