18062018Lun
Última edición: Dom, 17 Jun 2018 10pm

Luz verde á inversión para construír 26 vivendas públicas na rúa Chantada

A Xunta de Galicia licitou a promoción por preto de 3,4 millóns de euros. Os pisos estarán finalizados no primeiro semestre de 2020

08 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Recreacion do proxecto. / Imaxe: Xunta de Galicia Recreacion do proxecto. / Imaxe: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, investirá en Vigo preto de 3,5 millóns de euros na construción de 26 vivendas de promoción pública na rúa Chantada. O Diario Oficial de Galicia publica este xoves o anuncio de licitación das obras de construción destas vivendas, por importe de 3.393.425 euros, e da dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde da obra por importe de 65.072 euros.

O edificio a construír constará dun soto no que se emprazarán as prazas de garaxe, planta baixa con dous portais, vivendas e 26 rochos, e plantas primeira, segunda, terceira e baixo cuberta con vivendas.

Haberá unha vivenda de 4 dormitorios, tres vivendas de 2 dormitorios e vinte e dous vivendas de 3 dormitorios. Tres dos pisos de 2 dormitorios estarán adaptadas ao seu uso por persoas con mobilidade reducida. O prazo de execución será de 24 meses e se traballa coa previsión de que poidan ser adxudicadas no primeiro semestre de 2020.

Os interesados en acudir á licitación teñen a partir de hoxe un prazo de 26 días para a presentación das súas ofertas.

Cambeses
Esta é a segunda obra de vivendas de promoción pública que licita nas últimas datas o Instituto Galego da Vivenda e Solo, xa que o pasado 26 de decembro de 2017 licitou a construción doutras 36 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas, nas dúas parcelas do plan parcial de Cambeses, por 5 millóns de euros. Nos dous casos as parcelas foron cedidas polo Concello, que recibirá a cambio o 10 por cento da edificabilidade.

Ademais, o IGVS ten adxudicada outra obra en vivendas de promoción pública na rúa Menéndez Pelayo. Neste caso trátase dunha actuación de rehabilitación en eficiencia enerxética, que permitirá reducir nun 20 por cento, como mínimo, a demanda enerxética das 34 vivendas de promoción pública emprazadas na devandita rúa, nos bloques 15 e 17. O investimento neste caso será de preto de medio millón de euros.

San Paio de Navia
Por outra banda, o Goberno galego está a traballar na ampliación do solo residencial para vivenda protexida de San Paio de Navia, no que xa investiu 10 millóns de euros na adquisición de solo (máis de 50.000 metros cadrados para a construción de 1.600 vivendas protexidas) en compravenda e prevé investir outros 15 millóns na adquisición do solo restante por permuta ou expropiación para posteriormente proceder a súa urbanización.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

música

sanidad

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído