19012020Dom
Última edición: Sáb, 18 Ene 2020 9pm

8 de marzo

O feminismo galego enche as rúas de Vigo por unha sociedade igualitaria, xusta e libre

Milleiros de persoas participan nunha marcha na que se chamou a participar na folga do 8-M

04 Marzo 2018 por

Máis de 30.000 persoas ateigaron este domingo as rúas de Vigo nunha das maiores mobilizacións da historia do feminismo galego para reivindicar un futuro de dignidade para as mulleres nunha sociedade igualitaria, xusta e libre. Tratouse dunha xornada histórica na que se fixo un chamamento a participar na folga internacional de mulleres convocada o vindeiro 8 de marzo.

A manifestación, que arrincou dende o cruce de Vía Norte con Urzaiz pouco despois do mediodía, rematou pasadas as 14:00 horas na praza do Berbés, onde a xornada reivindicativa continuou con actuacións musicais, recitais poéticos e actividades para crianzas. Centos de mulleres e homes da CIG, coa secretaria das Mulleres, Marga Corral, á cabeza, estiveron presentes na mobilización. Corral salientou o éxito da convocatoria, “con milleiros de mulleres de todas as idades e militancias unidas baixo unha mesma loita, evidenciando a diversidade e pluralidade que caracteriza o feminismo”.

Ao mesmo tempo, incidiu en que a masiva participación que rexistrou a marcha de Vigo é un anticipo do que vai suceder en todo o país o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, xornada na que hai convocada unha folga de mulleres e numerosas mobilizacións ao longo do día. “Temos que dar unha nova lección e volver a visibilizarnos: mulleres novas e maiores na rúa baixo unha mesma reivindicación; temos que secundar a folga laboral, de coidados e de consumo para transformar a vida das mulleres”.

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído