18122018Mar
Última edición: Mar, 18 Dic 2018 12pm

O PP rexeita no Parlamento restituír o profesorado en lingua de signos no CEIP Escultor Acuña

A formación ‘popular’ foi a única que votou en contra dunha petición do BNG

02 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Escultor Acuña é un centro educativo referente en integración. O Escultor Acuña é un centro educativo referente en integración.

O BNG vén de defender no Parlamento Galego, a través da deputada nacionalista Olalla Rodil, unha iniciativa dirixida a dotar pola vía de urxencia ao CEIP Escultor Acuña de Vigo de profesorado especialista en lingua de signos. Esta petición está dirixida a dar continuidade ao proxecto de integración e innovación que viña funcionando dende o curso 2012-13, así como para poder impartir a materia de libre configuración de lingua de signos. A iniciativa foi rexeitada en comisión parlamentar polo Partido Popular, malia contar co apoio do resto de grupos da cámara.

No CEIP Escultor Acuña de Vigo, referente na integración de alumnado con trastornos de hipoacusia dende o seu inicio en 1980, viña funcionando dende o curso 2012-13 un proxecto de integración e innovación consistente en integrar nas competencias clave, para toda a comunidade educativa, a lingua de signos como unha forma de aumentar as posibilidades comunicativas e de integración de todo o alumnado -parte del con problemas de audición-, sendo este o único centro educativo en toda Galicia no que se desenvolve este proxecto.

Este proxecto funcionou ata o curso 2016-17, estando aprobado no claustro como materia de libre configuración para os cursos de 4º e 6º a materia de lingua de signos, e que non se está a impartir ate o de agora, tal e como está a denunciar a ANPA do citado centro.

En maio de 2017 tivo lugar unha xunta da Dirección do Centro coa Xefatura Territorial da Consellaría de Educación, a resultas da cal comprometeuse a tramitar a aprobación da solicitude da persoa necesaria para a continuidade do proxecto.

Mais o certo é que, a día de hoxe, seguen sen ter nomeada esa persoa especialista, argumentando a Xefatura Territorial de Pontevedra que xa teñen profesorado suficiente de Audición e Linguaxe.

Así, o BNG lamentou “a insensibilidade amosada polo Goberno galego” ao negar este profesorado a un centro que “é referente dentro do ensino público galego en integración e atención a alumnado con necesidades especiais”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vuelos

navidad

sucesos

celta

conflicto

  • Últimas noticias

  • Más leído