19012020Dom
Última edición: Sáb, 18 Ene 2020 9pm

Vigo aglutinará este domingo ao feminismo galego

A cidade acollerá a manifestación unitaria en Galicia polo Día Internacional da Muller

01 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)

A Asemblea Galegas 8M, organización feminista integrada por 30 colectivos, presentou este xoves en Vigo a manifestación unitaria de Galicia, que percorrerá as rúas da cidade este domingo 4 de marzo “para amosar a nosa forza e nosa capacidade de espallar a loita feminista”. As súas integrantes fixeron un chamamento a participar tamén na folga de mulleres e nas mobilizacións convocadas o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A marcha central coa que o feminismo galego celebrará esa data partira de Vía Norte ás 12:00 horas e rematará por volta das 14:00 horas na Praza do Berbés, onde haberá unha carpa con postos de comida, actuacións musicais, recitais poéticos e actividades para os cativos.

Co obxectivo de facilitar a asistencia á manifestación fretaranse ata unha vintena de autobuses dende distintas localidades, que achegarán ata Vigo a máis de 600 persoas “coa intención de amosar a nosa forza e a nosa capacidade de espallar a loita feminista e de xuntar forzas para dar visibilidade á ampla rede de mulleres galegas”.

Ao mesmo tempo, lembran que a marcha fai parte do traballo mobilizador cara á folga de laboral, de coidados e de consumo do 8 de marzo e pretende tamén darlle pulo ás convocatorias locais que terán lugar o propio durante esa xornada nas diferentes localidades do país.

“As mulleres sairemos ás rúas e faremos folga este e todos os 8 de marzo que fagan falta porque temos a forza para conquistar ese mundo tamén noso, xusto e igualitario; porque o noso camiño cara a eses obxectivos foi, e será sempre, continuar sendo insubmisas, rebeldes e loitadoras; para transformar a vida das mulleres, folga laboral, de coidados e de consumo”, sosteñen.

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído