19022018Lun
Última edición: Lun, 19 Feb 2018 11am

 

Inmochan presenta o permiso para construír o novo centro comercial na estación de Urzaiz

A empresa que desenvolverá o complexo e os responsables de Adif deron un paso máis para que o proxecto de Thom Mayne sexa unha realidade

13 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A reunión mantida este martes en Santiago. / Foto: Xunta de Galicia A reunión mantida este martes en Santiago. / Foto: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia iniciou este martes a tramitación para a Autorización Comercial Autonómica (ACA) da superficie comercial que albergará a futura estación intermodal de Urzáiz, despois de que Inmochan, a empresa que desenvolverá o complexo, presentara a solicitude de permisos ante o ente autonómico.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, mantivo unha xuntanza en Santiago con responsables de Adif Alta Velocidad e a firma francesa na que lle presentaron dita solicitude de autorización para o establecemento comercial que formará parte do Centro Vialia deseñado por Thom Mayne para a cidade viguesa.

O futuro centro comercial ocupará un espazo de 90.000 metros cadrados e disporá de supermercado, locais de restauración, moda, agasallos, deportes, prensa, aluguer de coches, axencias de viaxes, cosméticos, telefonía ou perfumería.

O contrato estipula que Immochan se fará cargo do cento por cento da inversión, valorada en 83 millóns de euros. Como contrapartida, a firma explotará o complexo durante 50 anos. A apertura aínda está prevista para o verán de 2022, xa que os trámites administrativos poden prolongarse durante dous anos e a execución das obras durarán previsiblemente 30 meses.

Na reunión, Vázquez explicou que a autorización tramitarase no marco da Lei 3/2016 de proxectos de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese aprobada polo Goberno galego, que permite desenvolver as iniciativas máis relevantes para a cidade de Vigo mentres non se aproba un novo plan xeral.

Esta normativa, impulsada pola Administración autonómica, tras a anulación xudicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, está a evitar, polo tanto, que os proxectos estratéxicos da cidade queden bloqueados. Ademais, permite unificar nun único procedemento todas as autorizacións autonómicas necesarias para poñer en marcha tanto a estación intermodal como a superficie comercial.

Un dos plans estratéxicos para Vigo é o complexo da estación intermodal de Urzaiz, que comprende a actual terminal de ferrocarril, a futura estación de autobuses integrada e o Centro Vialia.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

verne en vigo

Diversión

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído