19022018Lun
Última edición: Lun, 19 Feb 2018 11am

 

violencia de xénero

Tarxeta PassVigo gratuíta para mulleres vítimas de violencia de xénero

As paradas adicionais para mulleres nos buses nocturnos comezarán a funcionar o venres 16

12 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Tarjeta PassVigo. Tarjeta PassVigo.

A nova tarxeta Pass Vigo será gratuíta para as mulleres vítimas de violencia de xénero. Además, os autobuses nocturnos permitirán ás mulleres baixarse entre paradas nos servizos nocturnos de transporte para que, dentro da ruta do autobús, as usuarias baixen o máis cerca posible dos seus destinos. Trátase, dixo o rexedor, dunha medida para incrementar a seguridade das mulleres no seus desprazamentos nocturnos.

A partir do próximo venres, 16 de febreiro, os autobuses urbanos permitirán ás usuarias baixarse entre paradas nos servizos nocturnos para achegarse o máis posible aos seus destinos. Tal e como reiterou esta mañá o rexedor en rolda de prensa, estas paradas adicionais nas rutas de autobuses incrementarán a seguridade das mulleres nos seus desprazamentos nocturnos xa que poderán baixarse do autobús a demanda en calquera momento do traxecto empregando a porta dianteira para evitar riscos de tráfico. Esta medida funcionará en todas as liñas a partir das 22,30 h, incluídas as tres rutas nocturnas.

O alcalde tamén explicou que as mulleres vítimas de violencia de xénero do Centro de Emerxencias contan co servizo gratuíto de transporte público, a través dunha tarxeta que ata o de agora era a Verde e que será substituída pola Passvigo.

Orzamento igualdade
O orzamento de igualdade do Concello de Vigo alcanza os 813.000 euros, con servizos como o Centro de Emerxencia (241.000 euros); o Programa Kanguros (158.000 euros); O Plan municipal de igualdade de oportunidades (155.000 euros); o Programa de inserción laboral para mulleres vítimas de malos tratos (50.000 euros); campañas contra a violencia de xénero (13.000 euros); actividades de igualdade e deporte feminino (48.000 euros); actos (12.000); Casa das Mulleres (11.000 euros); cursos de defensa persoal ou vivendas para aloxar ás vítimas e aos seus fillos.

Urbanismo
O Concello continúa coa rehabilitación de edificios e na próxima Xerencia de Urbanismo concederá licencia para a rehabilitación do inmoble situado no número 2 de Doutor Cadaval. Cun orzamento de máis de medio millón de euros, o edificio consta de baixo comercial e cinco plantas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

verne en vigo

Diversión

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído