14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 1pm

O colexio Párroco don Camilo contará cun novo vial de acceso, que custará 240.000 euros

A rúa pola que acceden actualmente os alumnos é estreita e carece de beirarrúas

07 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O alcalde, Abel Caballero, amosa o proxecto do novo vial. / Foto: Concello de Vigo O alcalde, Abel Caballero, amosa o proxecto do novo vial. / Foto: Concello de Vigo

A Xerencia de Urbanismo deste xoves tomará coñecemento da incoación do expediente do proxecto para o novo vial de acceso ao CEIP Párroco don Camilo, na parroquia de San Andrés de Comesaña. Actualmente o acceso ao centro prodúcese por un vial con salida a Matamá-Pazo, estreito, sen urbanizar e sen beirarrúas. A nova rúa proxectada partirá da estrada de Camposancos, terá dous carrís de circulación, unha liña de estacionamento e beirarrúas, ademais dun novo sistema de alumeado, novas redes de saneamento, abastecemento e pluviais.

Para a súa acometida, o goberno de Vigo prevé expropiacións de 2.000 metros cadrados en catorce parcelas e un orzamento de execución próximo aos 250.000 euros, dos que aproximadamente 60.000 serían para a consecución dos terreos. Desde o seu comezo, as obras estarían concluídas en catro meses.

Ao carecer de sostén urbanístico, o Concello de Vigo require para a súa execución da aplicación da chamada "Lei Vigo", a Lei 3/2016 para obras de especial interese, polo que enviará o proxecto o antes posible á Xunta de Galicia.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído