18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 9pm

O desfile de comparsas do Entroido abre a súa inscrición e fixa a súa data de celebración

O concurso de disfraces celebrarase o luns e o martes seguintes en dúas quendas

26 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha imaxe do Entroido do ano pasado. / Foto: VIGOÉ Unha imaxe do Entroido do ano pasado. / Foto: VIGOÉ

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e a Federación de Peñas Recreativas El Olivo serán as encargadas da organización do desfile do Entroido deste ano, ao que o Concello de Vigo destinará 85.000 euros. O evento terá lugar o vindeiro sábado 10 de febreiro e todos os interesados en participar nel poden inscribirse xa desde este sábado. O prazo remata o venres 2 de febreiro.

O percorrido que realizán as comparsas será o habitual. Terá saída desde Isaac Peral e chegada á Porta do Sol. O desfile partirá ás 18.00 horas. As solicitudes de inscrición están dispoñibles na oficina de Información do Concello de Vigo e na web municipal (www.vigo.org).

O Concello tamén validou as bases e a convocatoria do concurso de disfraces, que se celebrará o luns 12 e o martes 13 de febreiro. Neste caso, os interesados poden inscribirse no mesmo día na lonxa do Concello unha hora antes do comezo do evento.

En primeiro lugar, desenvolverase o concurso das categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado (ata 13 anos). Este desenvolverase o día 12 entre as 18.00 e as 20.00 horas na Lonxa do Concello de Vigo.

Ao día seguinte será a quenda das categorías individual xeral e grupo xeral conxuntado (a partir de 14 anos), que se celebrará entre as 18.30 e as 20.30 horas no mesmo emprazamento.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

música

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído