17112018Sáb
Última edición: Sáb, 17 Nov 2018 6pm

Vitrasa conciencia aos usuarios da necesidade de viaxar correctamente no bus

A compañía promove unha campaña na que dous monitores explican aos viaxeiros as principais recomendacións

16 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os responsable de Vitrasa explicaron este martes o contido da campaña ao alcalde, Abel Caballero. / Foto: Vitrasa Os responsable de Vitrasa explicaron este martes o contido da campaña ao alcalde, Abel Caballero. / Foto: Vitrasa

A compañía de autobús urbano de Vigo está a desenvolver unha campaña para concienciar aos usuarios do transporte público da necesidade de viaxar correctamente. Dous monitores están asistindo aos viaxeiros nos seus percorridos co obxectivo de orientalos sobre os riscos aos que se expoñen se non compren coas medidas de seguridade establecidas.

Nesta nova edición da campaña de prevención e axuda aos usuarios, que se desenvolve en colaboración coa compañía de seguros Willis e que cumpre cinco anos, estase facendo especial fincapé nas liñas de maior afluencia de público, que son sobre todo as liñas C1, C2, C3, L5A e L5B.

En palabras do director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino, “a gran afluencia de xente que se move durante estas datas especialmente polo centro de Vigo condicionounos para levar a cabo a campaña. O que perseguimos con esta medida é minimizar, na medida do posible, os riscos á bordo do autobús e concienciar aos usuarios da necesidade de viaxar con total seguridade, tendo especial consideración con colectivos tales como terceira idade, nenos pequenos, persoas con mobilidade reducida ou mulleres embarazadas”.

Para acadar este obxectivo, os monitores facilitan á información en horario de mañá e tarde e aconsellan aos viaxeiros pero principalmente ás persoas de maior idade, ás de mobilidade reducida e ás que viaxan con nenos por ser grupos de maior risco á hora de sufrir incidentes á hora de viaxar en bus.

Como novidade este ano, nas pantallas que hai instaladas nos buses proxectaranse ao longo de todo o ano, vídeos con consellos para viaxar con seguridade e dirixidos a diferentes colectivos tales como viaxar con seguridade a bordo do bus con carriño de bebé.

Aspectos a ter en conta cando viaxamos en autobús
Os principais temas nos que insisten son: facilitar os asentos reservados para persoas maiores e embarazadas ou facer recomendacións ás persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas. Tamén consellos para os usuarios que viaxan con cadeiras de bebés, neste sentido, á hora de baixar do autobús é moi importante facelo cara atrás.

Informarase dos agarres dispostos para unha mellor suxeición durante o traxecto e da disposición da pasaxe ao fondo do autobús para mellorar a deambulación e seguridade polo mesmo. Ademais, advertirán da colocación de mochilas ou obxectos que puidesen entorpecer ou molestar dentro do autobús.

No momento de subir ao autobús co maior seguridade e previsión é importante subliñar que o usuario conta actualmente con ferramentas, sobre todo de tipo tecnolóxico, que fai que esta tarefa sexa moito máis áxil e sinxela. A disposición dos viaxeiros existen códigos QR/NFC, as pantallas das marquesiñas ou a aplicación para móbil para estar informados en tempo real das liñas de interese.

Repartiranse máis de 4.000 folletos que recollen as principais recomendacións de seguridade baixo o nome “Como utilizar o autobús” que serán entregados polos monitores aos usuarios a pé de autobús.

Os monitores, debidamente formados, irán identificadas con chalecos reflectantes que fan alusión á campaña e terán acceso a toda a flota de vehículos.

Principais incidencias
Unha das incidencias máis frecuentes é que os usuarios non se agarran ao acceder ao autobús nin ao dirixirse aos asentos. Outros aspectos mellorables están relacionados coa correcta colocación das cadeiras de bebés para evitar que se caian, así como a colocación de obxectos e mochilas que puidesen atoparse no medio do corredor obstaculizando o paso de viaxeiros.

Unha das recomendacións máis apuntadas aos usuarios durante a campaña será a de ter preparada a tarxeta ou o diñeiro en efectivo para realizar o pago da viaxe para que o tránsito sexa máis áxil e non entorpeza o paso de usuarios que si o teñen preparado. Tamén se insistirá na necesidade de ceder o asento as persoas maiores con mobilidade reducida ou mulleres embarazadas.
Outro dos puntos no que os monitores insistirán é na disposición dos pasaxeiros ao fondo do bus para que deambulen mellor polo mesmo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

vigo

  • Adéntrate en el futuro Centro Vialia
    Adéntrate en el futuro Centro Vialia El proyecto del Centro Vialia, cuyas obras acaban de comenzar, está llamado a marcar un antes y un después para el transporte en la ciudad y la vida de los vigueses. La futura estación intermodal aglutinará el servicio de autobús…
    Leer más...

más vigo

economía

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído