14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

Sanidade insta a tomar medidas correctoras urxentes na auga da comarca de Vigo

O Goberno galego sinala que as análises en Vigo, Soutomaior, Moaña, Redondela e Salceda confirman a redución dos valores de ferro, aínda que superan as 200 ppb

19 Diciembre 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Presa de Eiras, en novembro. / Foto: Arquivo Presa de Eiras, en novembro. / Foto: Arquivo

As últimas analíticas realizadas polos técnicos do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade confirman que os valores que se fixan para garantir a calidade da auga como son a cor, o ferro e a turbidez permanecen altos en varios puntos dos concellos da área metropolitana.

Segundo informan os técnicos do servizo, en Vigo, Redondela, Soutomaior, Moaña e Salceda as análises do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia revelan que a auga segue sen reunir as condicións que garanten a súa calidade. Cómpre lembrar que a partir dos parámetros de 200 partes por billón (ppb) de ferro se deben adoptar medidas correctoras para recuperar a calidade aceptable para a autoridade sanitaria. A partir de 300 esas medidas deben ser de rápida aplicación. 

As últimas analíticas realizadas polos técnicos das concesionarias encargadas do subministro municipal en Vigo, Moaña, Soutomaior e Redondela confirman que os valores de medición da calidade da auga permanecen estables aínda que co ferro por encima das 200 partes por billón. É o caso da rede de Canido e Sanjurjo Badía (Vigo), da de Quintela e San Esteban (Redondela), da rede de Salceda de Caselas (Consorcio do Louro), do deposito de Outeiro e Berducedo (Moaña) ou da rede de Coello e Cochón (Soutomaior). Todas elas superan as 300 ppb.

A Consellería manterá activos os seus controis cunha frecuencia máis elevada do habitual, malia que a competencia neste eido sexa dos concellos, que son os que deben garantir a calidade da auga e informar consecuentemente á autoridade sanitaria de calquera anomalía que detecte a concesionaria no subministro do servizo municipal. Ademais, insta ás concesionarias municipais a tomar medidas correctoras urxentes para baixar os indicadores en concordancia co que marca a normativa sanitaria 

As  mostras recollidas polos técnicos de Sanidade analízanse no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, único laboratorio público de referencia en materia de saúde e acreditado pola ENAC para a matriz de auga de consumo humano e os analitos, mediante  unha  PNT baseada na Norma UNE-EN ISO 17294-1.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído