22112019Vie
Última edición: Vie, 22 Nov 2019 7pm

Vigo inicia a recuperación dos espazos públicos danados polos incendios

O Goberno local deu o primeiro paso para arranxar as zonas públicas danadas polos lumes, co inicio da modificación do contrato de acondicionamento e arranxo de infraestruturas municipais

30 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Efectos dos incendios no monte Ceputo. / Foto: A. G. Efectos dos incendios no monte Ceputo. / Foto: A. G.

O Goberno de Vigo iniciou a modificación do contrato do servizo de acondicionamento, mantemento e arranxo das infraestruturas viarias do Concello para incluír todos os danos provocados polos incendios. Deste xeito, a empresa concesionaria, que é Civis Global desde 2014 e cun contrato de 6,4 millóns, comezará a traballar na recuperación dos ámbitos públicos afectados polos lumes dos pasados 15 e 16 de outubro.

A Xunta de Goberno celebrada este xoves tamén adxudicou provisionalmente a xestión, organización e desenvolvemento do programa municipal de inmersión lingüística ‘Vigo en inglés’ á empresa New Link Education. Cun orzamento de 1.764.000 euros, este ano o Concello outorgará 750 achegas, as mesmas que o ano que vén. A esta cantidade hai que sumar outras cen bolsas anuais para a Escola de Idiomas o que eleva o orzamento a máis de dous millóns de euros.

O alcalde da cidade, Abel Caballero, deu conta da achega de 350.000 ao proxecto ‘Xantar na casa’, para dar de comer a persoas maiores e/ou dependentes -fundamentalmente mulleres -que non se valen por se mesmas.

Outro asunto que recibiu luz verde é o programa ‘Vigo Integra V’, dotado con 237.000 euros cos que se impartirá formación a 85 persoas. Os participantes recibirán formación en creación de empresas, alfabetización informática, panadería e pastelería, dinamizador de actividades de tempo libre, xestión de almacéns, manipulador de alimentos, impresión en 3D e piloto oficial de drons.

Urbanismo
Este xoves tamén se procedeu á apertura do trámite de consulta pública para a modificación da Ordenanza Reguladora de Edificación Forzosa e Rexistro Municipal de solares do Concello de Vigo. Deste xeito, o Concello poderá facerse coa xestión de parcelas cando os propietarios non as atendan ou non edifiquen, segundo o previsto.

Co inicio deste procedemento, establécese un prazo de 20 días para que a cidadanía, asociacións e organizacións fagan as súas suxestións. O obxectivo é evitar riscos de seguridade, así como o deterioro do ornato público e medioambiental.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído