09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 5pm

insfraestruturas

A Cidade da Xustiza rematará o cumio do Pirulí cunha pirámide en homenaxe a Vigo

"Hay que actuar donde la ciudad tiene problemas, no puede ser que hagamos un edificio donde hay un agujero", reclama o arquitecto Alfonso Penela

27 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Maqueta da Cidade da Xustiza, vista dende a rúa Vázquez Varela. / Fotos: VIGOÉ Maqueta da Cidade da Xustiza, vista dende a rúa Vázquez Varela. / Fotos: VIGOÉ

Un invernadoiro e unha pirámide coroarán o Pirulí na súa nova etapa como Cidade da Xustiza de Vigo. Así o anunciou o arquitecto Alfonso Penela durante a presentación do proxecto de remodelación do vello Hospital Xeral.

Nun acto celebrado na delegación da Xunta de Galicia en Vigo con a presencia da plana maior do goberno autonómico e da xudicatura galega, foi presentado o proxecto para convertir o vello edificio do Pirulí na nova Cidade da Xustiza de Vigo.

O arquitecto Alfonso Penela, gañador do concurso de ideas, foi o encargado de desgranar o seu deseño para as novas infraestruturas xudiciais. Despois de facer un repaso á historia do edificio e ás "perversidades sen explicacións" que sufriu, Penela amosou a planta e o alzado do novo inmoble.

Tras destacar a gran praza aberta que dará acceso ao vestíbulo, o arquitecto indicou que o edificio será coroado cunha pirámide acristalada como invernadoiro "en homenaje a la ciudad".

A nova Cidade da Xustiza conservará o edificio anexo do Sergas como instalación sanitaria e terá entradas tanto desde Vázquez Varela como dende Pizarro. Xulgados de garda, de violencia de xénero, oficinas da Policía, Guardia Civil, calabozos, etc. ocuparán as plantas baixas, mentres que no resto do inmoble instalaranse catro xulgados por planta.

"No tiene sentido que perdamos la oportunidad de que la arquitectura recupere la ciudad, hay que actuar donde hay problemas y no puede ser que hagamos un edificio para rellenar un agujero", sinalou Alfonso Penela despois de destacar o "proceso exemplar" do concurso para remodelar o Pirulí.

Maqueta Cidade da Xustiza

"O camiño a seguir cara ao futuro é o da colaboración leal"
Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a Cidade da Xustiza de Vigo como a maior aposta feita por un Goberno galego na mellora das infraestruturas xudiciais, cun investimento total de máis de 30 millóns de euros.

Durante o acto de presentación do proxecto, Feijóo precisou que estas novas instalacións porán 36.000 metros cadrados ao servizo da Administración xudicial que, xunto co centro integral de saúde Taboada Leal, conformarán máis de 44.000 m². E aseverou que con esta infraestrutura a Xunta dá cumprimento a outro dos compromisos coa cidade de Vigo, como tamén fixo co Hospital Álvaro Cunqueiro e coa depuradora da cidade.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo galego referiuse aos tres valores que serviron como guía na transformación do vello Hospital Xeral na nova Cidade da Xustiza: axilidade,“os profesionais poderán comezar a empregar estas instalacións en 21 meses desde que empecen as obras de reforma, isto é, entre finais de 2019 e o primeiro trimestre do 2020”; sustentabilidade ambiental, xa que as 100 toneladas de residuos que se prevén retirar serán clasificadas e, na medida do posible, se lles dará unha nova vida, cun retorno económico importante que ascende a uns 800.000 euros; e flexible, porque ademais de agrupar as 35 unidades xudiciais da cidade, o edificio deixará espazo para posibles ampliacións con outras 22.

“Estamos a falar, en definitiva, dun edificio con capacidade para acoller 57 unidades xudiciais e no que desde un primeiro momento traballarán 500 profesionais, nunhas instalacións amplas e funcionais”, dixo, lembrando que, nos últimos anos, a Xunta puxo en marcha un importante proceso de ampliación e mellora das instalacións nas que se imparte Xustiza en Galicia: os novos edificios xudiciais en Santiago e Ourense; nos vindeiros meses comezarán a funcionar en Pontevedra e Tui; e este ano inaugurouse a nova Cidade da Xustiza da Coruña.

Feijóo concluíu afirmando que esta volta á vida do vello “pirulí” fíxose posible grazas á colaboración institucional, ao tempo que trasladou o desexo de que o exemplo do Xeral “nos ensine que o camiño a seguir cara ao futuro é o da colaboración leal, xa que cando as administracións se enrocan no non e optan por darlle as costas a todos os consensos, os prexudicados son os cidadáns”, sentenciou.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

urbanismo

  • Últimas noticias

  • Más leído