24112017Vie
Última edición: Jue, 23 Nov 2017 9pm

vigo vertical

Aprobada a contratación do ascensor de San Salvador por 524.000 euros

Proxecto do programa Vigo Vertical dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI) cofinanciada pola Unión Europea

14 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Infografía do proxecto. Infografía do proxecto.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este martes que "segue adiante a transformación radical da cidade" cos proxectos do programa Vigo Vertical dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (Edusi) cofinanciada pola Unión Europea.

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este martes á proposta de adxudicación das obras para o proxecto de desenvolvemento urbano sostible de conexión da rúa San Salvador coa praza de Isabel La Católica que comunicará estas dúas zonas dun novo ascensor.

Para o alcalde a obra supón un avance na "transformación radical da cidade" cun novo ascensor público para uso das viguesas e vigueses. Súmase ao xa existente en Pi i Margall, ás escaleiras mecánicas da II República na Porta do Sol, ás escaleiras e o ascensor que conecta Pizarro co barrio de Ribadavia así como aos próximos ascensores que comunicarán Marqués de Valterra con Torrecedeira e Torrecedeira con Pi i Margall. Ademais, adiantou que o Concello instalará tamén unha escaleira que sobe á ladeira do Castro desde Camelias para "seguir co Vigo Vertical" dentro da Estratexia DUSI que se cofinancia con fondos Feder da Unión Europea.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

nadal 2107

recogida alimentos 2017

  • Un Parque Nacional único no mundo
    Un Parque Nacional único no mundo Falar do Parque Nacional das Illas Atlánticas é falar de natureza en estado puro. A súa riqueza, tanto no que se refire á súa fauna como á súa vexetación, xunto coa espectacularidade da súa paisaxe o converten nunha das xoias…
    Leer más...

sequía: vídeo

  • Así está Eiras
    Un nuevo vídeo tomado el pasado domingo, 12 de noviembre, por Beto García con un dron muestra la preocupante situación en la que se encuentra la presa de Eiras.
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído