22082019Jue
Última edición: Mié, 21 Ago 2019 8pm

infraestruturas

O alcalde confía en pechar con ADIF a "obra da gran estación do AVE en Vigo"

A reunión tratará tamén da terminal de autobuses e da saída da cidade á autopista en túnel, eliminando o paso elevado de Alfonso XIII

30 Octubre 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Infografía do resultado final da estación de Adif en Urzaiz. Infografía do resultado final da estación de Adif en Urzaiz.

Abel Caballero viaxa este martes a Madrid para reunirse co presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, Juan Bravo, cita na que o alcalde agarda "pechar os últimos flocos" pendentes para Urzáiz. A reunión tratará tamén da terminal de autobuses e da saída á autopista en túnel.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reunirase este martes en Madrid co presidente de ADIF, Juan Bravo, unha entrevista "moi importante" na que o rexedor vigués agarda "pechar os últimos flocos" pendentes para poder iniciar así "a gran obra da gran estación do AVE en Vigo".

"Confío en que se peche mañá", apuntou Caballero, quen manifestou que tanto o Concello de Vigo como ADIF demostran un "gran interese" na cuestión. Xunto á terminal de autobuses, a cita de mañá, co "elemento central" da estación do AVE deseñada por Thom Mayne, abordará igualmente a saída da cidade á autopista en túnel desde a rúa Lepanto, o que suporá a posterior eliminación do "espantallo" do paso elevado de Alfonso XIII.

Inicia sesión para enviar comentarios

maltrato animal

mar

ocio

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído